Gerard Way

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerard Way
180590 1727136891266 1023725284 1959858 1463485 n.jpg
Nome completo Gerard Arthur Way Lee
Naceu 9 de abril 1977 (37 anos)
Orixe Belleville, New Jersey Flag of the United States.svg
Instrumento(s) voz, guitarra
Relacionado con My Chemical Romance
Tempo en activo 2001 - actualidade
Gerard Way

Gerard Arthur Way Lee (nado o 9 de abril 1977 en Belleville) é o lider e co-fundador da banda de rock alternativo My Chemical Romance. Gerard ten un irmán pequeno, Mickey Way que toca o baixo en My Chemical Romance.

Biografía[editar | editar a fonte]

Infancía e adolescencia[editar | editar a fonte]

Gerard ten orixes italianas e escocesas. Cantou por primeira vez en cuarto curso na obra infantil Peter Pan. A súa avoa Elena Lee Rush ensinoulle a cantar e fixolle o traxe de Peter Pan. A pesar disto o xove Way non quería ser cantante, senón debuxante. Cando era un neno Gerard tivo unha revelación: que todo o mundo morre e polo tanto el morrería algún día, isto causoulle unha profunda obsesión coa morte. Graduouse na escola secundaria en 1995 ingresando logo na escola de artes visuais de Nova York, graduándose en artes finas en 1999. En 2001 Gerard intentou vender unha serie de debuxos a Cartoon Network, pero foi rechazada porque estaban emitindo unha moi parecida.

Formación de My Chemical Romance[editar | editar a fonte]

Cando se produciron os ataques do 11 de Setembro ás Torres Xemelgas, Gerard traballaba na industria do cómic en Nova York, e dende onde estaba puido ver aquel inferno. Enton decidiu cambiar a súa vida e fundou My Chemical Romance. A canción Skylines and Turnstiles foi a primeira canción do grupo e está inspirada na experiencia de Gerard durante os ataques do 11 de Setembro.

Reuneu a Ray Toro, Matt Pelissier (co-fundador do grupo remplazado en 2004 por Bob Bryar, Frank Iero e Mickey Way para tocar pola costa oeste dos Estados Unidos. O seu primeiro álbum foi I Brought You My Bullets, You Brought Me Your Love lanzado en 2002. A música axudoulle a gañarlle a batalla á depresión, o alcoholismo e as drogas; creou tamén cancións profundamente persoais como Helena, escrita despois da morte da súa avoa. Esta canción está dentro do álbum Three Cheers For Sweet Revenge lanzado en 2004. A pesar da música non deixou de lado o debuxo, senón que debuxou as portadas dos dous últimos álbums.

No 2005, Gerard uneuse co cantante Bert McCracken para lanzar un cover de Queen e David Bowie titulado Under pressure, co fin de recaudar fondos en axuda das vítimas do tsunami que azotou as costas de Asia no 2005.

Saúde[editar | editar a fonte]

Recuperouse do seu alcoholismo e da adicción as drogas en 2004, e visita un terapeuta cando o grupo non esta de xira.

Discografía e letras[editar | editar a fonte]

My Chemical Romance editou tres álbums: I Bough You My Bullets, You Bough Me Your Love en 2002, Three Cheers For Sweet Revenge en 2004, e The Balck Parade a finais de 2006. Gerard e o compositor da maior parte das cancións de MCR e as súas letras caracterízanse por contar unha historia que xeralmente presenta un lado oscuro.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Nunha recente entrevista con Kerrang! magazine, revelou que esta traballando nunha serie de libros ilustrados titulados The Umbrella Academy.

O seu libro favorito é O gardián entre o centeo.

O seu grupo favorito e Queen.

Gerard e o resto de My Chemical Romance son adictos o World of Warcraft

Gerard tenlle medo as agullas.

Dixo de Christina Ricci que parece un alien pero hai algo realmente fermoso nela, ironicamente dixo a continuación que lle parece moi guapa.