Geraldine McCaughrean
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1951 (72 anos) Londres, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Canterbury Christ Church University (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora , escritora de literatura infantil , autora , novelista , escritora de ciencia ficción |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
| |
Páxina web | geraldinemccaughrean.co.uk |
Geraldine McCaughrean (pronunciado "Mc-cork-ran"), nada o 6 de xuño de 1951 no norte de Londres, é unha novelista británica, que ten destacado principalmente na escritura de libros para públicos novos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Educación, traballou durante dez anos na publicación dunha revista antes de converterse en escritora profesional. Na actualidade vive en Berkshire co seu home e a súa filla.
Escribiu máis de 130 libros, 50 obriñas de teatro para escolas e tamén un guión de radio. Tamén ten escrito seis novelas históricas dirixidas a público adulto, como Fires’ Astonishment (1990) e The Ideal Wife (1997). Entre as súas principais novelas para rapaces de todas as idades e en todos os formatos, atópanse A Little Lower than the Angels (1987), Gold Dust (1993) e Not the End of the World (2004).
Ademais ten reescrito varias historias tradicionais, contos de fadas e episodios bíblicos. Entre elas débense mencionar as súas versións dos Contos de Canterbury (1984), da Odisea (1993), de Moby Dick (1996) ou do Cid (1989).
A súa obra foi traducida a 35 idiomas, entre eles o galego.
En 2005, escolleuna o Hospital Great Ormond Street, o propietario dos dereitos do personaxe de Peter Pan para escribir a segunda parte oficial da novela de J.M. Barrie, que se chamou orixinalmente Peter Pan in Scarlet. A súa tradución galega, publicada simultaneamente en todo o mundo, foi traducida por Silvia Carril co título de Peter Pan e a levita escarlata.
Premios[editar | editar a fonte]
- Medalla Carnegie en 1988 e o premio de The Guardian en 1989 por A Pack of Lies
- premio Whitbread de literatura infantil en 1987 por A Little Lower Than the Angels
- premio Whitbread de literatura infantil en 1994 por Gold Dust
- premio Whitbread de literatura infantil en 2004 por Not the End of the World.
É a única persoa que gañou o Withbread de literatura infantil en tres ocasións.