George Washington Carver
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| George Washington Carver | |
|---|---|
| Carver en 1906 | |
| Nacemento: | 12 de xullo de 1861 Diamond, Misuri, Estados Unidos |
| Falecemento: | 5 de xaneiro de 1943 Tuskegee, Alabama, Estados Unidos |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | Botánico |
George Washington Carver, nado o 12 de xullo de 1861 e finado o 5 de xaneiro de 1943, foi un botánico estadounidense afroamericano que traballou no concepto de extensión agraria no Tuskegee Institute en Tuskegee (Alabama). Aprendeuelles aos ex-escravos as técnicas de cultivo necesarias como para que fosen autosuficientes. É famoso por inventar moitos usos do cacahuete así como doutras plantas, aínda que a miúdo deixaba escritos procedementos sen explicación ou aserción científica.