George Green

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Green
Nacemento14 de xullo de 1793
Lugar de nacementoNottingham
Falecemento31 de maio de 1841
Lugar de falecementoNottingham
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Alma máterUniversidade de Cambridge e Gonville and Caius College
Ocupaciónmatemático e físico
Na rede
WikiTree: Green-43425 Find a Grave: 20882 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

George Green, nado o 14 de xullo de 1793 e finado o 31 de maio de 1841, foi un matemático británico cuxo traballo influenciou notablemente o desenvolvemento de importantes conceptos na física. Entre as súas obras máis famosas atópase "Unha análise das aplicacións da análise matemática ás teorías da electricidade e o magnetismo" publicado en 1828. Neste ensaio introducíronse os conceptos de funcións de potencial utilizados comunmente na formulación matemática da física. Tamén aparecieron neste ensaio as funcións de Green e aplicacións importantes do teorema de Green.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Green foi un científico autodidacta. Viviu a maior parte da súa vida en Sneinton, Nottinghamshire, actualmente parte da cidade de Nottingham. O seu pai, tamén chamado George, era un panadeiro que posuía un muíño de vento para moer a fariña. O mozo George Green só asistiu de forma regular á escola durante un ano entre os 8 e 9 anos axudando a seu pai posteriormente.

Nalgún momento comezou os seus estudos de matemáticas. Ao ser Nottingham un pobo pobre en recursos intelectuais, non se puido pescudar de onde obtiña Green a información necesaria para o seu desenvolvemento en matemáticas. Só se coñece unha persoa que vivira en Nottingham durante esa época, cos suficientes coñecementos matemáticos: John Toplis. Cando Green publicou o seu ensaio en 1828, foi vendido como unha subscrición a 51 persoas, a maioría das cales eran probablemente amigos e sen ningunha idea sobre matemáticas.

O adiñeirado terratenente e matemático Edward Bromhead compróu unha copia e animou a Green a ir máis lonxe no seu traballo matemático. Non obstante, Green non confiou no seu mentor e non volveu contactar con el durante dous anos.

Despois deses dous anos, Bromhead realizou as xestións para que Green ingresara na Universidade de Cambridge. Green ingresou como estudante á idade de 40 anos. A súa carreira académica foi excelente e, trala súa graduación en 1837, permaneceu na facultade, na Escola Gonville e Caius. Escribiu sobre óptica, acústica e hidrodinámica, e a pesar de que os seus escritos posteriores non tiveron a relevancia do seu Ensaio, de igual maneira foron moi reputados. Os traballos de Green sobre o movemento das ondas nunha canle anticipa a aproximación WKB de mecánica cuántica, mentres que a súa investigación sobre ondas lumínicas e das propiedades do Éter producían o que hoxe é coñecido como as Medidas de deformación de rotación independiente. En 1839 foi elixido membro da xunta directiva da escola; de todas as maneiras, disfrutaría os privilexios do cargo por pouco tempo, xa que en 1840 cae enfermo e regresa a Nottingham, onde morre un ano despois.

O traballo de Green foi pouco coñecido na comunidade matemática durante a súa vida. En 1846, o seu traballo foi redescuberto por un mozo William Thomson, quen o fixo popular entre os futuros matemáticos da época.

Na actualidade, a Biblioteca George Green da Universidade de Nottingham alberga gran parte da colección de ciencias e enxeñaría da universidade. En 1986, o muíño dos Green foi restaurado. Agora funciona como museo e centro científico.

Nunha visita a Nottingham en 1930, Albert Einstein comentou que Green estivo 20 anos adiantado á súa época. O físico teórico Julian Schwinger, quen usou parte da obra de Green no seu traballo sobre investigación de avanzada, publicou un tributo titulado "The Greening of Quantum Field Theory: George and I".