Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada sur do Palacio Sanssouci, en Postdam

Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff, nado o 17 de febreiro de 1699 en Crossen an der Oder (actual Krosno Odrzańskie) e morto o 16 de setembro de 1753 en Berlín, foi un arquitecto e pintor prusiano.

Palacio de Ópera de Berlín, deseño orixinal 1745

Knobelsdorff era un oficial do exército prusiano e ao deixar o exército en 1729 dedicouse aos seus intereses artísticos. Como arquitecto estivo ao servizo de Federico II de Prusia, realizou numerosos deseños de palacios, casas, parques influenciados polo clasicismo francés e a obra de Andrea Palladio. Xa os seus primeiros traballos en Rheinsberg, a residencia do monarca na época, estableceron os alicerces do estilo coñecido como rococó federiciano do que Knobelsdorff foi o máximo expoñente.

Parque de Sanssouci
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas