Antoine Pesne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine Pesne e as súas fillas

Antoine Pesne (29 de maio 1683 en París5 de xullo de 1757 en Berlín) foi un pintor rococó francés, coñecido polo seu traballo na Corte de Prusia.

Pesne estudou arte co seu pai e tío. Entre 1704 e 1710 recibiu unha bolsa para estudar en Italia. En 1710, o rei Federico I de Prusia chamouno a Berlín. Como o director da Academia das Artes de Berlín a partir de 1722, Pesne chegou a ser famoso polos seus retratos da familia real prusiana. Moitos dos seus retratos colgan nos museos de Berlín e no palacio de Charlottenburg. Estes inclúen (entre outros) os seus retratos de Federico II, o seu irmán Heinrich, e Julia de Voss. As pinturas do teito nos palacios de Charlottenburg, Rheinsberg e Sanssouci son, polo menos parcialmente, seus.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Antoine Pesne