Gazprom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da compañía.

Gazprom é o maior extractor de gas natural no mundo e a maior compañía de Rusia. É unha empresa gasística con sede en Moscova fundada en 1989 controlada actualmente polo Estado ruso. Ten 415.000 empregados e vendas anuais por 31.000 millóns de dólares (2004). O valor de mercado da empresa, 270 mil millóns de dólares (est. maio de 2006), convértea na terceira corporación máis grande do mundo. Controla o 15% das reservas mundiais de gas e unha considerábel cantidade das de petróleo. O 6% da compañía é propiedade de firmas alemás.

Os principales proxectos de gasodutos inclúen Nord Stream e South Stream.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gazprom Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]