Garfield (personaxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O contido deste artigo refírese ao personaxe. Para obter máis información sobre a banda deseñada en xeral, véxase Garfield; para ver outros usos do termo, véxase Garfield (homónimos).

Garfield é o protagonista principal da banda deseñada Garfield, creada por Jim Davis. Trátase dun gato tabby de cor laranxa; é lacazán, egoísta, pesimista, cínico, groseiro, e ten sobrepeso. Divírtese comendo (especialmente lasaña), durmindo, sendo sarcástico, atormentando ao seu dono Jon e mais a Odie, a outra mascota coa que ten que convivir. Considérase a si mesmo como alguén máis intelixente cós humanos e outros animais. Odia os luns e, a miúdo, ten mala sorte nas tiras cómicas que coinciden neste día da semana. Nos seus gustos tamén están, ademais, subirse a un valado de madeira para representar ou actuar, aínda que é normal que lle asubíen e lle tiren diversos obxectos. Non soporta as arañas, e aínda que non caza ratos (a menos que o subornen para facelo), frecuentemente véselle intentando comer paxaros. Outra das cousas que ten por costume é destruír as cortinas de Jon, así como as macetas do seu amo e mais as da súa veciña, a Sra. Feeny. Detesta que o leven ao veterinario, e normalmente intenta agocharse de Jon cando lle di que o vai levar ou cando "ten un presentimento".

Jim Davis chamou a Garfield desta maneira polo seu avó, James Garfield Davis[1]. Garfiel "fala" a través de burbullas de diálogo, e aínda que os demais animais poden comprendelo, xeralmente Jon non pode (malia que Jon é frecuantemente amosado como se tivese unha conversa cos pensamentos de Garfield e amiúdo adiviña o que pensa literalmente, cousa que se asemella ao que fan os personaxes de Peanuts ao falarlle a Snoopy).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jim Davis: The Man Behind the Cat

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]