Personaxes nas historietas de Garfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista dos personaxes que aparecen na banda deseñada Garfield de Jim Davis, así como os que aparecen na serie de debuxos animados Garfield e mailos seus amigos.

Protagonistas[editar | editar a fonte]

Garfield[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Garfield (personaxe).

Jonathan Q. "Jon" Arbuckle[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Jon Arbuckle.

Odie[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Odie.

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

Dra. Liz Wilson[editar | editar a fonte]

A Dra. Liz Wilson é a veterinaria de Garfield e a moza dos sonos de Jon Arbuckle. Jon intenta, a miúdo, ter unha cita con ela; non obstante, nunha serie de historietas do verán de 2006, finalmente Liz admite que tiña sentimentos cara a el. Ambos os dous son parella desde aquelaentón. Na película Garfield: A Tail of Two Kitties Jon proponlle matrimonio a Liz e ela acepta. Porén, isto non é mencionado ou conectado coas tiras cómicas[5].

En Garfield e mailos seus amigos aparecía ocasionalmente nas primeiras dúas temporadas. Nas películas de acción e aventuras foi interpretada pola actriz Jennifer Love Hewitt. A súa primeira aparición na televisión foi no especia Garfield Goes Hawaiian (Garfield vai a Hawai); a súa última, en Arrivederci, Odie!. Nunhas poucas tiras cómicas en xullo de 2007, Garfield ten celos de Liz[6], antes de facerse amigos o 24 de xullo[7].

Arlene[editar | editar a fonte]

Arlene é a moza de Garfield. É unha gata rosa cun longo pescozo e un burato entre os seus dentes frontais. A miúdo, Garfield fai bromas con esta característica que posúe. Unha vez desexou que a súa relación dese algúns pasos, pero Garfield pareceu non advertilo. Doutra vez, nas primeiras tiras cómicas, Garfield bromeou dicindo que el e Arlene tiñan unha aparente relación de amor-odio, dado que Garfield se ama a si mesmo, cousa que Arlene rexeita. Noutra ocasión, mentres Garfield agardaba por que ela fose á cita que tiñan os dous, outra gatiña guapa camiña por diante de Garfield e saúdao. Asemade Arlene aparece, e anóxase ao instante. Na seguinte tira Garfield consegue aclarar o malentendido e Arlene perdóao.

Aínda que ela non apareceu na serie de debuxos animados (agás nunha ocasión, cando fixo un cameo na cuarta temporada), si aparece na película. No episodio de Garfield e mailos seus amigos "A lenda do lago", hai unha femia de gato prehistórica que se asemella moito a Arlene, tendo tamén a súa mesma cor.

No libro Garfield's Judgment Day (O día do xuízo de Garfield), revélase que é unha gata que vive nas canellas, a cal non sabe nada de Garfield ata que situacións de emerxencia o traen á luz[9].

Pooky[editar | editar a fonte]

Pooky é o osiño de peluche de Garfield; e é, ademais, o mellor amigo do cínico gato. Descubriuno gardado nun caixón. Garfield comunícase ás veces con Pooky como se fose un animal de verdade, sendo sobreprotector con el. En raras ocasións Pooky foi ensinado levando a cabo accións, tales coma camiñar. Isto nunca foi explicados, dando a entender que Pooky podería ter mente propia.

Nermal[editar | editar a fonte]

Nermal é un gatiño pequeno de cor gris, proclamado por si mesmo como "O gatiño máis riquiño do mundo". Con frecuencia faille visitas innesperadas a Garfield, onde presume da súa beleza, converténdose así no foco de atención de Jon durante o tempo que dure a súa visita, para desgraza de Garfield. Nermal fai isto especialmente nos aniversarios de Garfield's para lembrarlle que se fai vello. Aínda que o personaxe de Nermal foi introducido como pertencente aos pais de Jon (podendo dar a entender que se trata do curmán de Garfield), esta conexión foi excluída das tiras cómicas.

Mencionou unha vez que vai quedar lindo e pequerrecho para sempre porque é unha miniatura; "Penso en pequeno", bromeou, "e o café e mais os cigarros non che fan dano". Recentemente, Nermal tamén admitiu que se fixo a cirurxía plástica, afirmando que unha soa pestana das que ten, é real[12].

Un chiste corrente sobre Nermal en Garfield e mailos seus amigos e que, sempre que Nermal aparece, Garfield intenta enviar a Nermal en barco ata Abu Dabi poñéndoa no interior dunha caixa con buratos e deixándoa enfronte da porta.

A encargada de poñerlle a voz nos capítulos de Garfield e mailos seus amigos foi Xulia Diz. En Garfield: The Movie, Nermal é descrito como un gato siamés adulto, que vive na veciñanza, no canto dun pequeno gatiño gris.

Unha idea errónea moi común é pensar que Nermal é chica, cousa que non é certa, pois Garfield refírese a el usando pronomes masculinos.

Personaxes secundarios[editar | editar a fonte]

Mamá[editar | editar a fonte]

A nai de Jon vive nunha granxa e é coñecida por ser unha gran cociñeira, dado que ofrece unha ampla variedade de comida para Jon cando a visita, sendo especialmente habilidosa creando ducias de pratos baseados nas patacas. Para a súa creación, Jim Davis baseouse na súa propia nai. Ademais, a nai de Jon tamén é coñecida por enviarlles en paquetes a el e mais a Garfield comidas xa cociñadas. No episodio de Garfield e mailos seus amigos chamado "Sentimento felino", aparece xunto ao pai de Jon nun soño que este ten.

Papá[editar | editar a fonte]

O pai de Jon coida da granxa da familia. Sobre el sábese, grazas ás tiras cómicas, que rara vez estivo fóra da granxa. Fixo unha única aparición animada con diálogo, en A Garfield Christmas Special (Un especial de Nadal de Garfield). Para crealo, Jim Davis baseouse no seu propio pai, James William Davis.

Doc Boy[editar | editar a fonte]

O irmán de Jon tamén vive na granxa, con seu pai e súa nai. A miúdo, os dous irmáns pelexan por se é mellor a cidade ou o campo. Odia que o chamen "Doc Boy". O personaxe baséase no irmán que ten Jim Davis, David "Doc" Davis; por outra banda, "Boy", é, probablemente, unha referencia a John Boy de The Waltons[Cómpre referencia].

Personaxes principais que xa non aparecen[editar | editar a fonte]

Lyman[editar | editar a fonte]

Lyman era o amigo de Jon e o dono orixinal de Odie; nun principio viviu na casa de Jon. A primeira aparición de Lyman foi o 7 de agosto de 1978. Desapareceu das tiras cómicas despois do 24 de abril de 1983, sen dar ningunha explicación. (Non obstante, Jim Davis deu un consello: «Non miredes no soto!».) Fixo un cameo na historieta na que Garfield cumpriu dez anos, o 19 de xuño de 1988[17], aparecendo na primeira viñeta. Ademais, tamén fai a súa aparición na páxina oficial de Garfield, nos xogos "Scary Scavenger Hunts I" e "Scary Scavenger Hunts II", nos cales axuda e asusta ao xogador durante o transcurso da partida. Segundo Davis, o propósito orixinal de Lyman era ser alguén co que Jon puidese falar e expresar outras ideas (un papel que foi sendo cada vez máis interpretado polo propio Garfield[Cómpre referencia], facendo que Lyman fose innecesario e, polo tanto, eliminado).

Clive[editar | editar a fonte]

Clive foi o amigo invisible que Garfield creou na súa mente. Debutou o 22 de abril de 1996, e apareceu durante as tiras desa semana. Máis adiante, Clive volvería aparecer moi de cando en vez.

Personaxes terciarios[editar | editar a fonte]

Avoa[editar | editar a fonte]

A avoa de Jon ama o seu neto, a Garfield e mais a Odie, e ocasionalmente fai aparicións ao longo da serie. Cando se revela máis sobre a súa vida é no especial de Nadal de Garfield, onde se conta que o seu marido morrera e ela fala sobre a súa vida con el. Nas tiras cómicas, a avoa foi descrita orixinalmente como unha muller maior que vestía un vestido liso de cor escura e tiña un moño axustado; nas aparicións animadas amosáronnos unha señora maior enerxética que vestía un xersei e vaqueiros. Ademais, ás veces, véselle montada nunha motocicleta.

Irma[editar | editar a fonte]

Irma é a camareira e dona do "Restaurante de Irma" ("Irma's Diner"), un restaurante visitado de cando en vez por Jon e mais Garfield. Irma é unha camareira modelo, exceptuando os momentos nos que abusa e insulta os seus clientes ou se depila as pernas na barra. E a comida tampouco é moi boa. A miúdo, Irma compórtase de xeito estraño, por exemplo, cando ten a idea do "polo sorpresa", a cal consiste en poñerse unha máscara de polo e berrar "SORPRESA!!".

Herman Post[editar | editar a fonte]

Herman Post é o carteiro de Jon Arbuckle. Garfield atorméntao constantemente agatuñando polos seus pantalóns, deixándoos rotos. Por iso é polo que ten que buscar camiños seguros para intentar deixar o correo sen ser atacado, cousa que rara vez ocorre. Unha das poucas veces que o conseguiu, tivo que meter o correo nun avión de papel para lanzalo á casa, cousa á que Garfield respondeu "Non é xusto!" ("NO FAIR!").

Binky o pallaso[editar | editar a fonte]

Binky o pallaso é unha personalidade da televisión destacada polos seus fortes saúdos, as máis das veces, "Veeeña, nenos!". Parece ser unha parodia de Bozo the Clown (Bozo o pallaso). Foi mencionado por vez primeira nas tiras cómicas o 13 de marzo de 1985[25]. En Garfield's Halloween Adventure (A aventura de Halloween de Garfield) o personaxe fixo a súa primeira aparición animada. Nos cómics, non se viu a Binky ata o 15 de setembro de 1986. En Garfield e mailos seus amigos Binky aparece de xeito máis regular nos episodios, e ata modifica o seu saúdo, ás veces, segundo a persoa coa que fala, por exemplo, "Veeeña, gato!". Tamén tivo a súa propia sección no programa, durante a segunda e terceira temporadas. Gonzalo Faílde foi o encargado de proporcionarlle a súa voz a Binky.

Personaxes menores[editar | editar a fonte]

  • As arañas aparecen de cando en vez nas tiras cómicas. Garfield, que as despreza e rexeita, sempre ten un xornal a man para poder esmagalas con el.
  • Ratos: a casa de Jon tamén está habitada por ratos, e moitos deles fan cameos nas historietas. A miúdo cóntase que teñen as súas propias vidas sociais nos buratos onde viven. Aínda que Jon quere que Garfield caze os ratos, isto nunca ocorre. En polo menos dúas ocasións, púxoselles nome a algúns ratos: un chamado Squeak apareceu na metade dos anos 80, e outro, chamado Herman Vermin, a finais dos 90.

Veciños[editar | editar a fonte]

  • Hubert e Reba son unha parella de persoas maiores que vive preto de Jon. Normalmente, Hubert está descrito como un home maior, mentres que Reba ou non é vista, ou ben está facendo as tarefas do fogar. A parella fai unha aparición en Aquí vén Garfield (Here Comes Garfield).
  • Sra. Feeny é un personaxe que non é visto nas tiras cómicas, e que está atormentada por Garfield. Ten por costume aparecer chamando a Jon para contarlle o que Garfield fixo. Intenta vingarse de Jon polo que Garfield lle fai.

Personaxes inanimados[editar | editar a fonte]

  • RX-2 é a báscula faladora que Jon ten no baño. Búrlase do peso de Garfield facendo que, ou a destúa ou a ameace con destruíla.
  • A alarma do reloxo de Garfield a miúdo "fala" mediante as burbullas de diálogo. Garfield ten por costume esmagar a alarma cando esta soa para espertalo.
  • As tortas "Splut" son tortas voantes que lle dan a Garfield na cara nalgunhas ocasións. Ao impactar, fan o son "SPLUT!", de aí o seu nome. Os "Spluts!" son usados para facer un humor imprevisto, isto é, como un chiste que aparece de súpeto. Na súa primeira aparición viuse como Garfield comprobaba o calendario para descubrir que estaba na "Semana Splut".
  • Stretch é o polo de goma de Garfield. Foi un agasallo que lle deron polo seu sexto aniversario[26] e apareceu durante esa semana. Stretch non é visto moi a miúdo, pero de cando en vez fai un cameo.

Outros personaxes[editar | editar a fonte]

  • Ellen (mencionada por primeira vez o 9 de novembro de 1990[27]) é unha muller coa que Jon trata de saír. Orixinalmente, non era vista nas tiras e moitos dos chistes centrábanse en torno a Jon falando con ela por teléfono para intentar teren unha cita. Nunha historia do ano 2006, Ellen apareceu na historieta despois de que Jon a convencese para saír debido a que ela tiña amnesia e non podía recordar canto o desprezaba[28]. Foi persuadida e tivo unha cita con Jon. Finalmente, o 20 de xullo de 2006, a banda deseñada mostrou unha muller rubia cun vestido a raias[28].
  • A nai de Garfield fixo as súas primeiras aparicións nos especias para a televisión Garfield na cidade (Garfield on the Town) e Garfield: His 9 Lives (Garfield: As súas 9 vidas), así como pequenos cameos nas tiras cómicas (incluíndo unha historia en decembro de 1984, que foi unha sinxela adaptación de Garfield na cidade). Tamén apareceu unha vez en Garfield e mailos seus amigos, nun episodio chamado "O rap de Garfield".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 19-06-1978. Arquivado dende o orixinal o 01-07-2006. Consultado o 06-09-2008. 
  2. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 19-06-1978. Arquivado dende o orixinal o 01-07-2006. Consultado o 06-09-2008. 
  3. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 08-08-1978. Arquivado dende o orixinal o 05-03-2009. Consultado o 06-09-2008. 
  4. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 26-06-1979. Arquivado dende o orixinal o 13-10-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  5. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 06-07-2006. Arquivado dende o orixinal o 11-04-2008. Consultado o 10-09-2008. 
  6. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 16-07-2007. Arquivado dende o orixinal o 05-05-2009. Consultado o 10-09-2008. 
  7. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 24-07-2007. Arquivado dende o orixinal o 05-05-2009. Consultado o 10-09-2008. 
  8. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 17-12-1980. Arquivado dende o orixinal o 13-10-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  9. Jim Davis (1990). Garfeld's Judgment Day. Ballantine Books. 
  10. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 23-10-1978. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  11. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 03-09-1979. Arquivado dende o orixinal o 13-10-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  12. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 27-05-2008. Arquivado dende o orixinal o 31-07-2008. Consultado o 11-09-2008. 
  13. 13,0 13,1 "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 13-02-1980. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  14. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 17-05-1983. Arquivado dende o orixinal o 06-10-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  15. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 07-08-1978. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  16. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 24-04-1983. Arquivado dende o orixinal o 05-05-2009. Consultado o 08-09-2008. 
  17. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 19-06-1988. Arquivado dende o orixinal o 03-08-2008. Consultado o 10-09-2008. 
  18. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 22-04-1996. Consultado o 08-09-2008. [Ligazón morta]
  19. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 16-07-2003. Consultado o 08-09-2008. [Ligazón morta]
  20. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 25-01-1982. Arquivado dende o orixinal o 05-05-2009. Consultado o 08-09-2008. 
  21. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 09-06-1979. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  22. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 19-10-1979. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 08-09-2008. 
  23. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 19-07-1978. Arquivado dende o orixinal o 25-06-2008. Consultado o 08-09-2008. 
  24. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 15-09-1986. Arquivado dende o orixinal o 11-04-2008. Consultado o 08-09-2008. 
  25. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 13-03-1985. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 12-09-2008. 
  26. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 19-06-1984. Arquivado dende o orixinal o 25-06-2008. Consultado o 10-09-2008. 
  27. "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 09-11-1990. Arquivado dende o orixinal o 11-04-2008. Consultado o 10-09-2008. 
  28. 28,0 28,1 "The Garfield Vault Strip". Garfield.com. 20-07-2006. Arquivado dende o orixinal o 18-08-2007. Consultado o 10-09-2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]