Garcilaso Rollán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGarcilaso Rollán
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Actividade
Ocupacióngravador Editar o valor em Wikidata

Garcilaso Rollán Sánchez, nado en Ávila en 1957, é un pintor e deseñador de moedas español, coñecido pola súa imaxe da catedral de Santiago de Compostela nas moedas divisionarias do euro de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Garcilaso Rollán Sánchez, gravador da Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (RCM-FNMT), de Madrid, é o autor de case medio cento de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta e do euro.[1]

En 1993 deseñou a súa primeira moeda, a de 25 pesetas dedicada ao País Vasco,[2] e durante a década de 1990 creou varias das moedas máis populares de curso legal en España co seu valor en pesetas.[1][3]

Coa Chegada do euro, o seu deseño da fachada da Catedral de Santiago de Compostela foi o escollido para os anversos da serie divisionaria de moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro. De igual xeito, foi o creador de variasmoedas cinmemorativas cuñadas pola RCM-FNMT e destinadas especificamente ao coleccionismo e ao investimento.[3]

En 2003 e 2004 ocupouse tamén do deseño de tres moedas conmemorativas uruguaias dedicadas ao centenario da UEFA e ao Campionato Mundial de Fútbol de Alemaña en 2006, cuñadas na ceca pública española.[3][4]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]