Galicia. Diario de la mañana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia. Diario de la mañana
LocalidadeOurense
Na rede
Galiciana: 579258
editar datos en Wikidata ]

Galicia foi un xornal que se editou en Ourense entre 1930 e 1937.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de la mañana, apareceu o 15 de xuño de 1930. Fundado por Marcial Ginzo Soto, ao que o suceden na dirección Ricardo Outeiriño Rodríguez, Antonio López Sánchez (1934-1935) e José Rodríguez de Dios (1936). Xornal de orientación calvosotelista, nos comezos baixo as instrucións de Marcial Ginzo Soto, e logo baixo as de Ricardo Outeiriño. Foron os seus redactores Antonio Couceiro Freijomil, Emilio Amor Rolán, Antonio López Sánchez, Celso Cendón, José González Viso, Xavier Prado Lameiro e Alfonso Carballo. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Manuel Luís Acuña, Noriega Varela, José Adrio Menéndez e Xosé Ramón Fernández-Oxea. Cesou a súa publicación en maio de 1937.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 1-6-1937.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]