Fronte Nacional (Francia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Fronte Nacional, FN, (Front National Pour l'Unité Française, en francés) é o nome dun partido considerado de extrema dereita e que se define como dereita nacionalista, populista e soberanista.

Presidente del FN[editar | editar a fonte]

O presidente do FN é, actualmente, Jean-Marie Le Pen.

Poder do FN[editar | editar a fonte]

A Fronte Nacional é o terceiro partido político francés, despois dos de centro-dereita (UMP) e de centro-esquerda (Partido Socialista). Incluso superou á UDF, de centro, que gobernou con Valéry Giscard d'Estaing.

É o primeiro partido en voto obreiro de Francia sendo 2 de cada 3 dos seus votantes antigos votantes do Partido Comunista de Francia e do Partido Socialista. É por iso que se lle considera un partido transversal, con ideas de dereita e esquerda e con votantes de ambo-los dous ambientes políticos.

Nas presidenciais de 2002 pasou á segunda volta, deixando fora ó Partido Socialista, e competindo co actual partido gobernante: a UMP.

O FN fixo campaña polo NON no referendo da Constitución Europea, que venceu por un 55%, fronte ó 45% do SI. Pero non foi o único partido do NON, comunistas e boa parte dos socialistas tamén o apoiaban.