Francisco Javier Padín Vaamonde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 Santiago de Compostela, España |
Morte | 31 de decembro de 2023 (82 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | matemático , profesor de ensino secundario , escritor |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | María Adela Romero Germade (falecida) |
Fillos | Paula (falecida), Beatriz, Francisco Javier e Adela |
Francisco Javier Padín Vaamonde, nado en Santiago de Compostela en 1941 e finado na Coruña o 31 de decembro de 2023, foi un galego profesor de matemáticas e escritor de temas relacionados coa filatelia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Francisco Javier Padín licenciouse en Ciencias Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, e trasladouse á Coruña para dar clases na Universidade Laboral Crucero Baleares (O Burgo, Culleredo).
Estudoso da historia postal, foi o maior coñecedor dos enteiros postais españois. Foi directivo e presidente da Sociedade Filatélica da Coruña.[1] Colaborou con múltiples artigos en Academus, Crónica, El Eco, Revista de Filatelia, La Voz de Galicia e na revista Porteo, da que foi un dos seus fundadores.[1] Foi membro da Academia Europea de Filatelia, e da Real Academia Hispánica de Filatelia de 1997 a 2016.[1]
Publicacións[editar | editar a fonte]
Entre outras, foi o autor dos seguintes libros:[1]
- Enteros postales de España (1873-1973) (1990)
- Diccionario de filatelia (1996)
- Las emisiones de entero postales de España (1873-1973). Una guía para su estudio (2003)
- Catálogo especializado de cartas-sobre avión y aerogramas españoles con franqueo mecánico (1947-1986) (2023)
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio José Gomis Herrero de Filatelia
- Premio Dr. Thebussem
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Francisco Javier Padín Vaamonde na web da Real Academia Hispánica de Filatelia e Historia Postal.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Padín Vaamonde, Francisco Javier". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 56.
- "Padín Vaamonde, Francisco Javier". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.