Francisco García Alted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco García Alted
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1995 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil
Civil governor of Málaga (en) Traducir
Gobernador civil de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar , garda civil Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1920 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeBando nacional Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Fronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata


Francisco García Alted, nado en 1907 e finado en Málaga o 13 de febreiro de 1995,[1] foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Academia de Infantaría. En 1923 foi destinado ás forzas indíxenas de Marrocos até 1929, cando pasou á Garda civil. Militou en Falange Española de las JONS. A finais 1936 foi nomeado gobernador civil de Málaga, cesando en agosto de 1939. En setembro de 1939 pasou a ser gobernador civil de Pontevedra,[2] cargo do que cesou en abril de 1940. Co grao de capitán, prestou servizos como voluntario na División Azul como Xefe da Policía Militar Española da División Española de Voluntarios. Despois fixo carreira no exército, retirándose como coronel en 1969. Ascendeu a Xeneral de Brigada Honorífico en 1983.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ascensión Ibancos Torres.

Notas[editar | editar a fonte]