Francisco Carbia Fariña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1860 Paradela, España |
Morte | 1933 (72/73 anos) Cordeiro, España |
Alcalde de Valga | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Francisco Carbia Fariña, nado en Paradela (A Estrada) en 1860 e finado en Cordeiro a principios de marzo de 1933[1], foi un agrarista e político galego que chegou a ser alcalde de Valga durante dous meses.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Cuba. Retornou da emigración en 1908. Foi un dos fundadores do Sindicato Agrario de Cordeiro, do que foi vicepresidente e presidente a partir de 1918. Coa ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Valga a partir do 9 de marzo de 1924 xunto ao seu fillo Celestino Carbia Campaña. Porén ambos dimitiron do cargo un ano despois como “protesta ante a forma en que se efectuou a segregación da freguesía de San Xulián de Requeixo para constituír o Concello de Pontecesures”. O 17 de abril de 1931 o goberno provisional da República nomeouno presidente da Xunta provisional do Concello de Valga. Permaneceu na alcaldía apenas dous meses, ata que o 5 de xuño Maximino Mosquera Castromán tomou posesión como alcalde electo.
Predecesor: ? |
Alcalde de Valga 1931 |
Sucesor: Maximino Mosquera Castromán |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Forno con Francisca Campaña Bandín e foi pai de Celestino Carbia Campaña, que tamén sería alcalde de Valga, fusilado en 1937.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 4-3-1933, p. 11.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández Palicio, Alejandro. "As telleiras de Valga e comarca e as fábricas de cerámica (1850-1965)". (XV Premio de investigación Xesús Ferro Couselo).
- Soutelo Vázquez, Raúl. "Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: Unha microanálise dende Valga" (VIII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo).