Fragatas
| Fragatas | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fregata magnificens |
|||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
| Especies | |||||||||||||
Existen 5 especies de fregatas ou fragatas. Estas aves, que están emparentadas entre si, pertencen ao xénero Fregata, o único da familia dos Fregátidos (Fregatidae), que xunto con outras familias de aves mariñas coma os pelicanos, rabodepallas, corvos mariños e mascatos, constitúen a orde Pelecaniformes.
Todas son de gran tamaño, adoitan ter unha envergadura de ás de máis de 1,80 m, aínda que o seu esqueleto pode pesar escasamente 114 g. Poden ser de cores negro ou negro e branco.
Esta rechamante combinación de tamaño e lixeireza permítelles planear sen esforzo sobre o mar, onde asexan atentamente a outros paxaros. Se unha fragata ve a outro paxaro, capturando un peixe, lánzase a acosalo até obrigalo a guindar a súa presa, e hábilmente atrapa o peixe antes de que caia á auga. As fregatas aniñan en árbores e matogueiras, e os machos atraen ás femias inflando unha bolsa que teñen na gorxas, semellante a un globo vermello. Case nunca se pousan na auga.
Atópase en zonas tropicais orientais dos océanos Pacífico e Atlántico.
Ligazóns externas [editar]
- Vídeos de fregatas en Internet Bird Collection