Joaquim Maria Machado de Assis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Machado de Assis

Joaquim Maria Machado de Assis, nado en Río de Xaneiro o 21 de xuño de 1839 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1908, foi un escritor brasileiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Considerado o pai do realismo no Brasil, escribiu obras memorables, como Memorias Póstumas de Brás Cubas, Don Casmurro, Quincas Borba, Esaú e Jacó e varios libros de contos, entre eles, Papéis Avulsos, no cal se encontra unha das maiores obras-primas da literatura universal, o conto (ou novela) O Alienista, que discute a loucura. Tamén escribiu poesía e foi un activo crítico literario, alén de ser un dos criadores da crónica no país. Foi o fundador da Academia Brasileira de Letras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco José de Assis, fillo de escravos libertos, e de Maria Leopoldina Machado de Assis, portuguesa dos Azores. Machado de Assis perdeu á súa nai e á súa única irmá de moi noviño. Non asistiu de xeito regular á escola e ata aprendeu a escribir el só, tamén de forma autodidacta máis tarde adquiriu un bo coñecemento do francés e inglés. Comezou a traballar como aprendiz de tipógrafo e aos quince anos publicou o seu primeiro poema, Ela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joaquim Maria Machado de Assis

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]