Floyd Red Crow Westerman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Floyd Westerman
Nacemento Floyd Red Crow Westerman
17 de agosto de 1936
Reserva Lake Traverse, Dacota do Sur, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 13 de decembro de 2007 (71 anos)
Os Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Outros nome(s) Pop Wharton
Profesión Actor, músico, político
Cónxuxe(s) Rosie Westerman
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Floyd "Red Crow" Westerman, tamén coñecido como Kanghi Duta ("Corvo vermello" en galego) nado en Dacota do Sur o 17 de agosto de 1936 e finado nos Ánxeles o 13 de decembro de 2007, foi un músico, político e actor sioux. Despois dunha longa carreira como cantante de música country, nos derradeiros anos da súa vida, adicouse á interpretación, actuando en numerosos filmes de nativos americanos no cine e na televisión. Tamén traballou como político activista loitando polas causas dos nativos americanos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de comezar a traballar no cine e na televisión, Westerman tiña unha gran reputación como cantante de country. Durante a súa carreira de músico, Westerman colaborou con Jackson Browne, Willie Nelson, Bonnie Raitt, Harry Belafonte, Joni Mitchell, Kris Kristofferson, e Buffy Sainte-Marie. Na década dos 1990s, cantou con Sting para recadar fondos para a conservación dos bosques primarios.

Westerman debutou no cinema en Renegades (1989), pero acadou maior sona no seu papel do "Xefe Dez Osos" en Dances with Wolves (1990), e no filme de Oliver Stone The Doors (1991). En setembro de 2007, Westerman remata o seu último traballo cinematográfico no filme Swing Vote (2008).

As súas aparicións en televisión inclúen o papel do "Tío Ray" en Walker, Texas Ranger, "O que agarda" en Northern Exposure, e múltiples aparicións como "Albert Hosteen" en The X-Files.

Westerman é recoñecido pola súa vocación política pola defensa das causas dos nativos americanos. El participou no American Indian Movement.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]