Filetas de Cos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV a. C. Cos, Grecia |
Morte | p. século IV a. C. Cos, Grecia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Período helenístico de Exipto |
Actividade | |
Ocupación | lexicógrafo , epigramatista , poeta , escritor , lingüista , gramático |
Alumnos | Zenódoto de Éfeso, Teócrito e Hermesianax (pt) |
Lingua | Grego antigo |
Familia | |
Pai | Telephos (en) |
Filetas de Cos, nado en Cos c. -340 e finado c. -285[1], foi un poeta e filólogo grego, o primeiro da escola filolóxica alexandrina[2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi escollido por Ptolomeo I como instrutor do seu fillo do mesmo nome, nado o -308. Compuxo elexías, breves poemas épicos e epigramas. Teócrito e Calímaco enxalzárono e tivéronlle en gran aprecio[3]. Tivo por discípulos a Zenódoto de Éfeso e a Hermesianacte de Colofón. Algúns atribúenlle algúns poemas con formas de obxectos, pero o certo é que foi un dos primeiros en aspirar á brevidade e á condensación. Como filólogo estudou a lingua de Homero e compuxo unha miscelánea que compilaba e explicaba expresións dialectais inusitadas, termos técnicos e arcaísmos empregados na Iliada e a Odisea que xa na súa época aparecían como inintelixíbeis. Estas Glosas foron o comezo da erudición crítica alexandrina, da escola filolóxica alexandrina, que tería continuación en Antímaco de Colofón, Zenódoto de Éfeso, Calímaco, Eratóstenes, Aristófanes de Bizancio e Aristarco de Samotracia.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Filetas.