Ferdinand Christian Baur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferdinand Christian Baur.

Ferdinand Christian Baur (1792 - 1860), foi un teólogo protestante alemán, líder da escola de Tübingen de teoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Schmiden, preto de Canstatt. Estudou no seminario de Blaubeuren e despois na Universidade de Tübingen, nun primeiro momento baixo a influencia da antiga escola de Tübingen, pero a influencia dos filósofos Immanuel Fichte e Friedrich Schelling xa se comezaba a facer notar. En 1817 volta ao seminario de Blubeuren como profesor. En 1824 publicou o seu primeiro traballo importante Symbolik und Mythologie oder die Naturreligion des Altertums ("O simbólico e a mitloxía na relixión natural dos antigos"), xa cunha forte influencia de Schelling e sobre todo de Friedrich Schleiermacher e por mor del chamárono para dar clases en Tübingen como profesor de teoloxía. Por esa época adoptou a filosofía hegeliana da historia e estudou a historia do cristianismo e das doutrinas da Biblia dende ese punto de vista, rexeitou a autenticidade de moitos libros bíblicos empregando técnicas literarias e filosóficas. En 1831 publicou Das manichäische Religionssystem ("O sistema relixioso maniqueo") e en 1835 Die christliche Gnosis ("Gnose cristiá") e Uber das Christliche im Platonismus oder Socrates und Christus ("A cristianidade no platonismo: Sócrates e Cristo") en 1837.