Feira de Santana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Município de Feira de Santana
Br-ba-fs.jpg Coats of arms of None.svg
Estado Bahia
Superficie 1338,14 km²
Poboación
Densidade
571 997 (2007)
419,6 hab/km²
Altitude 234 msnm
Latitude 12º16'00" S
Lonxitude 38º58'00" O
Distancia de Salvador 115 Km
Código postal (CEP) 44000-000
Administración local Prefectura Municipal de Feira de Santana - Av. Senhor dos Passos 980 Centro
Internet http://www.feiradesantana.ba.gov.br
Alcalde (Prefeito) José Ronaldo de Carvalho
Mapa da cidade en Bahia
Bahia Municip FeiradeSantana.svg


Feira de Santana é un municipio brasileiro do estado de Bahia, situado a 115 km de súa capital, Salvador, a cal se liga a través da estrada BR-324. Sitúase nunha das principais conexións de estradas do Nordeste brasileiro, para onde converxen estradas que ligan estados do Sur e do Centro Oeste do Brasil coa cidade de Salvador e con outras importantes cidades nordestinas. Ademais é porta de entrada para o sertão, a zona de clima semi-árido do estado.

Grazas a esa localización privilexiada e á distancia relativamente pequena (115 km) de Salvador, posúe un importante e diversificado sector de comercio e servizos, ademais de industrias de transformación (algodón, téxtil, alimentos, bebidas, metalurxia, e dous centros industriais con empresas diversas), unha a Universidade (Universidade Estatal de Feira de Santana, con 21 cursos), e tres institucións de ensino superior particulares.

Como destaques turísticos, posúe predios históricos, como a Igrexa de Nosa Señora dos Remedios (que presume ser de fins do século XVII), museos, 4 teatros, un Observatorio Astronómico, e as seguintes festas e eventos:

  • Micareta: unha especie de Entroido realizado despois da Pascua
  • Exposición Agropecuaria (EXPOFEIRA) no mes de setembro
  • As Festas Juninas (que celebran santos populares: Santo Antonio, San Xoán Bautista e San Pedro e ocorren no mes de xuño) dos distritos de São José e de São Pedro dos Humildes
  • a Camiñada pola Paz, realizada no mes de marzo de cada ano
  • a Festa do Caminhoneiro (caminhoneiro = motorista de camión) realizada no mes de novembro, com shows musicais e xogos.