Fausto Reinaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFausto Reinaga
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1906 Editar o valor em Wikidata
Colquechaca, Bolivia Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1994 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
A Paz, Bolivia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBolivia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webfaustoreinaga.org Editar o valor em Wikidata

José Fausto Reinaga Chavarría, tamén coñecido como Fausto Reinaga, nado en Colquechaca, o 27 de marzo de 1906 e finado na Paz o 19 de agosto de 1994, foi un escritor e intelectual quechua boliviano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fausto Reinaga naceu o 27 de marzo de 1906 na vila de San Pedro de Macha, na provincia de Chayanta do departamento de Potosí (Bolivia). Foi bautizado co nome de José Fausto Reinaga Chavarría. Foi fillo de Genaro Reinaga e de Alejandra Chavarría.

A súa familia era propietaria de terras agrícolas nas rexións de San Lázaro e Pukamayu. Reinaga demostrou a súa capacidade intelectual a moi temperá idade, debido principalmente a que tiña un impedimento físico, polo que a súa participación nos traballos agrículas non podían ser desenvolvida de maneira normal.[1]

Sendo o 2 de 5 irmáns, todos os cales sobreviviron a guerra do Chaco e a reforma agraria, foi o único ao cal a familia decidiu apoiar nos seus estudos superiores na Universidade Maior de San Francisco Xavier, rematando os seus estudos como avogado. Isto levouno a ser un intelectual indíxena recoñecido e así asumiu a deputación polo Norte de Potosí, polo Movemento Nacionalista Revolucionario.

En 1957, el Partido Comunista de Bolivia enviouno a Leipzig (na Alemaña o Leste) a un Congreso de Sindicatos comunistas, e dende alí visitiou a Unión Soviética. Despois do seu regreso, estivo nun congreso comunista celebrado en Montevideo, no Uruguai, onde foi detido. O seu libro El sentimiento mesiánico del pueblo ruso foi confiscado. Os comunistas non o axudaron, polo que tivo que ser repatriado pola embaixada de Bolivia en Montevideo. Logo entrou nunha crise de conciencia e arredouse do Partido Comunista de Bolivia. Viaxou a Machu Picchu (no sur do Perú), que fora capital do Imperio Inca, onde se deu conta do poder dos seus devanceiros.

Aproximadamente até 1960, Fausto foi un fervente partidario do marxismo. Reinaga converteuse no pioneiro do indianismo boliviano. O 15 de novembro de 1962 fundou o partido PIAK (Partido de Indios Aimarás e Keswas), que máis tarde se chamou PIB (Partido Indio de Bolivia).

Nas súas últimas obras, "La revolución india" (1970), "Tesis india" (1971), "El pensamiento amáutico" (1978), El hombre (1981) e "El pensamiento indio" (1991), estabelece a superioridade da ideoloxía e da filosofía dos indíxenas con respecto ao pensamento occidental.

Obras[editar | editar a fonte]

Fausto Reinaga publicou máis de 30 libros:[2] A súa obra máis importante é La Revolución India, publicada no ano 1970.

Os seus traballos foron reeditados pola súa asistente e sobrina Hilda Reinaga.

Libros[editar | editar a fonte]

  • 1940: Mitayos y Yanaconas, Oruro, Bolivia, Imprenta Mazuelo Oruro.
  • 1953: Tierra y libertad. La revolución nacional y el indio, A Paz, Bolivia, Ediciones Rumbo Sindical
  • 1953: Belzu. Precursor de la revolución nacional, A Paz, Bolivia, Rumbo Sindical.
  • 1956: Franz Tamayo y la revolución boliviana, A Paz, Bolivia, Editorial Casegural.
  • 1960: Alcides Arguedas, A Paz, Bolivia, Impreso en Talleres Gráficos "Gutenberg"
  • 1960: El sentimiento mesiánico del pueblo ruso, A Paz, Bolivia, Ediciones SER (Sindicato de Escritores Revolucionarios).
  • 1964: El indio y el cholaje boliviano. Proceso a Fernando Diez de Medina, A Paz, Bolivia, Ediciones PIAKK (Partido de Indios Aymaras y Kheshuas del Kollasuyu-Bolivia).
  • 1967: La intelligentsia del cholaje boliviano, A Paz, Bolivia, Ediciones Partido Indio de Bolivia.
  • 1968: El indio y los escritores de América, A Paz, Bolivia, Ediciones PIB (Partido Indio de Bolivia).
  • 1970: La revolución india, A Paz, Bolivia, Edición Fundación Amáutica Fausto Reinaga, 2da edición 2000.
  • 1970: Manifiesto del Partido Indio, A Paz, Bolivia, Impresión Wa – Gui, 2da edición 2007.
  • 1971: Tesis India, A Paz, Bolivia, Impresión Wa – Gui, 2da edición 2006.
  • 1974: América India y Occidente, A Paz, Bolivia, Ediciones Partido Indio de Bolivia
  • 1978: La razón y el indio, A Paz, Bolivia, Impreso Litografías e Imprentas Unidas S.A
  • 1978: El pensamiento amáutico, A Paz, Bolivia, Ediciones Partido Indio de Bolivia
  • 1978: Indianidad, A Paz, Bolivia, Impresores: Litografías e Imprentas UNIDAS
  • 1980: ¿Qué hacer?, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial.
  • 1981: El hombre, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial.
  • 1981: La revolución amáutica, A Paz, Bolivia, Impresión Wa – Gui, 2da. Edición 2001
  • 1981: Bolivia y la revolución de las fuerzas armadas, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial.
  • 1981: La era de Einstein, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial.
  • 1982: La podredumbre criminal del pensamiento europeo, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial.
  • 1983: Sócrates y yo, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial.
  • 1984: Europa prostituta asesina, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial
  • 1986: Crimen. Sócrates, Cristo, Marx, Churchill, Roosevelt, Stalin Hitler, Reagan, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial.
  • 1991: El pensamiento indio, A Paz, Bolivia, Ediciones Comunidad Amáutica Mundial.

Folletos ou monografías[editar | editar a fonte]

  • 1949, Víctor Paz Estensoro, A Paz, Bolivia, Publicaciones del CEC, (folleto)
  • 1952, Nacionalismo boliviano. Teoría y programa, A Paz, Bolivia, Rumbo Sindical 17 (folleto.)
  • 1956, Revolución cultural y crítica, A Paz, Bolivia, Ed. Casegural, separata parte do apéndice de Franz Tamayo e a Revolución boliviana.
  • s-d, América: 500 años de esclavitud, hambre y masacre, (folleto)

Artigos[editar | editar a fonte]

  • 1953, "La raíz del pensamiento boliviano", en Khana. Revista municipal de arte y letras Vol. 1, n° 1 e 2, A Paz, Bolivia, pp. 15-16.
  • 1953, "La revolución boliviana no es ni debe ser burguesa", en Revista Abril n° 1, A Paz, Bolivia, pp. 3-28.
  • 1960, “España”, sen datos.
  • 1963, “El Cuzco que he sentido”, en La Nación - Suplemento Dominical, domingo 6 de outubro de 1963.
  • 1981, “Fausto Reinaga”, en Bonfil Batalla, Guillermo (director), Utopía y revolución: el pensamiento político contemporáneo de los indios en América Latina. México, Nueva Imagen, pp. 60-86.

Revistas[editar | editar a fonte]

  • 1979: Amauta 1. Revista de la Comunidad India Mundial (CIM), A Paz, Bolivia, Empresa Editora Urquizo S.A.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FaustoReinaga.org (páxina oficial do escritor).
  2. FaustoReinaga.org (listas de libros de Reinaga).