Saltar ao contido

Fabiola Mora y Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fabiola de Bélxica»)
Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Editar o valor en Wikidata
Fabiola Mora y Aragón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Doña Fabiola Fernanda María-de-las-Victorias Antonia Adelaida de Mora y Aragón Editar o valor en Wikidata
11 de xuño de 1928 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Laeken, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real (Bélgica) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Consort of the Belgians (en) Traducir
15 de decembro de 1960 – 31 de xullo de 1993
← Astrid de SueciaPaola Ruffo di Calabria → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto San Isidro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeira, escritora, escritora de literatura infantil, consorte Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña (1960–2014)
Queen Consort of the Belgians (en) Traducir (1960–1993)
Dona Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Mora y Aragón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBalduíno I de Bélxica (1960–) Editar o valor en Wikidata
PaisGonzalo de Mora y Fernández, Marques de Casa Riera Editar o valor en Wikidata  e Blanca de Aragón y Carrillo de Albornoz Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría de la Luz de Mora y Aragón
Gonzalo de Mora y Aragón
Jaime de Mora y Aragón Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Páxina webmonarchie.be… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2607895 BNE: XX1186085 WikiTree: De_Mora_y_Aragón-1 Find a Grave: 139638050 Editar o valor en Wikidata

Fabiola Fernanda María de las Victorias Antonia Adelaida de Mora y Aragón, chamada Fabiola de Mora y Aragón, coñecida como Fabiola de Bélxica e co título oficial de raíña Fabiola de Bélxica, nada en Madrid o 11 de xuño de 1928 e finada en Bruxelas o 5 de decembro de 2014, foi unha nobre española, raíña consorte de Bélxica na segunda metade do século XX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era a terceira filla de Gonzalo de Mora y Fernández Riera del Olmo, conde de Mora e marqués de Casa Riera, e de Blanca de Aragón y Carrillo de Albornoz Barroeta-Aldamar y Elío. Un dos seus sete irmáns foi o actor Jaime de Mora y Aragón. Prepárase como enfermeira e traballa nun hospital de Madrid.

O 15 de decembro de 1960, casou en Bruxelas co rei Balduíno de Bélxica, fillo do rei Leopoldo III e da raíña Astrid. A partir dese momento recibirá o título de "raíña dos belgas", coa que se lle coñecerá. A súa actividade como raíña consorte nunha democracia parlamentaria non tivo intervención política, e dedicouse a tarefas de promoción social e educación.

Ademais de visitar outros países en viaxes oficiais e de ser a anfitrioa doutros mandatarios estranxeiros en Bélxica, foi a presidenta de honra de UNICEF en Bélxica, e creou diversas institucións, como a Fundación Raíña Fabiola de Saúde Mental. Asumiu cargos de representación institucional vencellados á cultura, á infancia e á saúde, como a presidencia de honra do premio Raíña Isabel de Bélxica de música a partir de 1965. Foi nomeada membro de honra da Real Academia de Medicina de Bélxica.

Tralo reinado

[editar | editar a fonte]

Non tivo fillos, e á morte do seu home o 31 de xullo de 1993 a coroa pasou ao irmán de Balduíno, o rei Alberte II de Bélxica. O seu título pasou de ser Fabiola, raíña dos belgas ao de raíña Fabiola de Bélxica, mentres que a raíña dos belgas pasou a ser a súa cuñada Paola de Bélxica.

Durante cinco anos seguiu vivindo no castelo de Laeken, ata que en 1998 se muda ao castelo de Stuyvenberg, e dedicou o seu tempo a labores sociais, mentres que restrinxiu as súas aparicións en público. Representa en 1995 a Bélxica no cumio mundial das Nacións Unidas sobre a muller, celebrado en Beixín, aceptou ser madriña dunha fragata F930 da Armada belga (2007) e presidiu en funcións honorarias a Fundación Rei Balduíno.

A comezos de 2009 foi operada de tiroide en Liexa. Unha semana despois foi hospitalizada, aqueixada de pneumonía.

Vida persoal e crenzas

[editar | editar a fonte]

Fabiola de Bélxica, ao igual que o foi o seu home, foi católica e pertenceu ao movemento neopentescostal, unha corrente que destaca o papel do Espírito Santo na fe e na práctica relixiosa. Por esa razón vestiu completamente de branco no enterro do seu home, en vez do tradicional loito negro.

Hai un colexio en Santiago de Compostela que leva o nome de Raíña Fabiola na súa honra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]