F.C. Porto (baloncesto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Futebol Clube do Porto
Liga Liga portuguesa
Fundado en 1926
Historia 1926-2012
Pavillón Dragão Caixa
(2.200 espectadores)
Cidade Porto, Portugal Flag of Portugal.svg
Cores Azul, Branco
Presidente Flag of Portugal.svg Pinto da Costa (presidente da SAD)
Flag of Portugal.svg Fernando Gomes (responsable da sección)
Adestrador Galicia Moncho López
Títulos
Web

A sección de baloncesto do Futebol Clube do Porto é un club de baloncesto da cidade de Porto, Portugal, cuxo equipo sénior milita na Liga Portuguesa de Baloncesto, a máxima categoría do baloncesto portugués. Actualmente, devido a un contrato de patrocinio co Grupo Ferpinta, o equipo é designado FC Porto Ferpinta.

Historia[editar | editar a fonte]

Na súa refundación en 1906 (refundación porque o club contaba xa cunha pequena e breve existencia no século XIX), no Futebol Clube do Porto practicábanse as seguintes modalidades: fútbol, atletismo, boxeo, cricket, halterofilia, waterpolo e natación. Daquela o baloncesto non era sequera coñecido en Portugal. A introducción deste deporte no país foi contra o ano 1913,[1] e trece anos despois, un grupo de socios portistas decidiu crear no club un equipo de baloncesto. António Sanches, António Marta e Daniel Barbosa foron os impulsores da idea, uníndoselles posteriormente Gabriel Batista e A. Cabral para completar o equipo. O segundo lugar na Taça António Cardoso acadado na primeira época entusiasma á comunidade, que forma de inmediato outros catro equipos. Os baloncestistas do FC Porto adestraban nunha cancha ao aire libre incluído no complexo da Constituição.

Á par de clubes coma o Académico, o Fluvial ou o Estrela e Vigorosa Sport, o FC Porto contribuiu a facer da cidade de Porto a grande forza motora do baloncesto en Portugal, primeiro coa fundación da Associação de Basquetebol do Porto, a primeira do país, en 1926,[2] e despois coa creación, en Porto, da Federação Portuguesa de Basquetebol, en 1927.[1]

Os anos '30 e '40 non foron moi fértis en títulos para a sección, mais aínda así, a práctica da modalidade foise consolidando nun club que se mostraba cada vez máis eclético. En 1940 o F.C. Porto xogaba xa nun recinto cuberto e iluminado na Avenida dos Aliados. Os froitos veríanse ao final da década: nas tempadas 1947-48 e 1949-50, o F.C. Porto foi campión nacional da Segunda División e dúas tempadas despois foi bicampión nacional da Primeira División en 1951-52 e 1952-53.

A maior lenda do baloncesto portista chegou no inicio da década dos '70. Dale Dover fora un dos máis importantes xogadores da Universidade Harvard nos anos anteriores.[3], con Dover como xogador-adestrador, o F.C. Porto reconquista o título nacional 19 anos despois. Nesta época, o equipo portista xogava nun pavillón prestado, habitualmente no Pavilhão Rosa Mota ou no pavillón do Futebol Clube de Gaia, pasando a xogar no complexo das Antas cando foi concluída a construción do Pavilhão Américo de Sá. Ao final da mesma década, por iniciativa de Matos Pacheco (dirixente do baloncesto do F.C. Porto dende principios dos anos cincuenta) e Jorge Araújo, prodúcese a profesionalización da sección.[4] O cambio é notable mesmo no palmarés, véndose claramente un antes e un despois da pofesionalización.

1995 marca un xiro crucial no baloncesto portugués. É nese ano no que a Liga de Clubes de Basquetebol, fundada seis anos antes, organiza a primeira liga profesional. O baloncesto do FC Porto asóciase a un patrocinador, UBP (pasando denominarse FC Porto UBP), e entra con paso firme na era do baloncesto profesional, gañando as dúas primeiras edicións da liga. Nas mesmas datas, o equipo múdase ao Pavilhão Rosa Mota, onde podía dispor de mellores condicións de traballo. En 1997 foi creada a F.C. Porto, Basquetebol, SAD, á par da FC Porto, Futebol, SAD. Jorge Nuno Pinto da Costa ocupa a presidencia das dúas SADs e do club, mentres que Fernando Gomes é o principal administrador. A asociación con UBP dura apenas unhaa tempada; nas catro tempadas seguintes, o F.C. Porto é patrocinado pola Câmara Municipal da Maia e polo Banco Mello (pasando a chamarse Porto Maia Banco Mello) e na tempada 2000-01, o nome do equipo pasa a ser FC Porto Multitema. Na tempada 2001-02, o club asóciase a Ferpinta, un grupo empresarial portugués ligado á metalomecánica, á agropecuária e ao turismo, pasando a utilizar a designación que ainda hoxe emprega: F.C. Porto Ferpinta.

Ainda que a nivel nacional o F.C. Porto se encontre entre os mellores e sexa sempre candidato ao título en todas as competicións, a súa traxectoria a nivel internacional é modesta, reflexo da posición do baloncesto portugués respecto das restantes federacións europeas e mundiais. As súas mellores tempadas en competicións europeas foron en 1997 e 2000, anos nos que acadou os cuartos de final da Copa Saporta (en 1997 aínda designada Copa de Europa de Clubes), unha especie de Recopa de baloncesto.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 1 Campionato Nacional de 2ª División B: 1995-96.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O FC Porto é o club con máis títulos de campión nacional en termos absulotos con 41 títulos.
  • O FC Porto é o club con máis títulos de campión nacional de júniors con 16 títulos.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

BARBOSA, Alfredo. Dragão Ano 111 - História Oficial do Futebol Clube do Porto - vol.6. Porto: O Comércio do Porto. 2004.

BARBOSA, J. Tamagnini e DIAS, Manuel. Figuras e Factos do F.C. do Porto - de A a Z - 1893/2005. Porto: New D - Notícias do Douro. 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]