Eumenes II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de Eumenes II.

Eumenes II (reinado: -197-160) foi rei de Pérgamo e membro da dinastía atálida. Aliouse aos romanos para se opoñer á expansión seléucida cara o mar Exeo, e finalmente derrotou a Antíoco III Megas na Batalla de Magnesia no -190 Tras a paz de Apamea no -188, obtivo as provincias de Frixia, Lidia e Panfilia dos seus aliados romanos, xa que estes non desexaban dominar máis territorios, senón un estado forte en Asia Menor que servise de freo a calquera posíbel expansión seléucida no futuro.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eumenes II Modificar a ligazón no Wikidata