Prusias I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Prusias I (Προυσίας, Prousías), rei de Bitinia reinou do -228 ao -182. Sucedeu ao seu pai, Cielas. É coñecido sobre todo por acoller a Aníbal na súa fuxida dos romanos. Foi sucedido polo seu fillo Prusias II.

A súa política caracterizouse pola súa alianza cos macedonios e inimizade cara Pérgamo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Loitou con Filipo V de Macedonia contra Atalo I e trala súa vitoria e destrución das cidades de Cío e Mirlea, fóronlle entregas por Filipo no -202, data na que pasaron a formar parte do reino de Bitinia, segundo refire Estrabón e confirma unha pasaxe de Hermipo de Bérito. Non así Estevo de Bizancio, que di que Mirlea foi fundada polo rei bitinio Nicomedes II (-128 - -128/-127), que lle puxo o nome de Apamea pola súa nai.

Corsten sinala que a destrución do -202 non foi total e que a cidade se mantivo, mais non obtivo dereitos de cidadanía e un sucesivo troco de nome até Nicomedes.

Trala batalla de Cinoscéfalos no -197, Filipo tivo que abandonar as cidades gregas.

Quincio Flaminino informou ao rei Prusias de que os romanos estaban de acordo en que a cidade de Cío ficara incluída no reino de Bitinia.

Prusias abandonou a Frixia en virtude dun acordo cos atálidas

No -195, Aníbal chegou, fuxindo de Cartago, á corte de Antíoco III, pero á raíz da vitoria romana na batalla de Magnesia xunto ao río Sípilo no -189, Antíoco, que debía entregarllo aos romanos como parte das condicións da paz de Sardes, déixao fuxir, e Aníbal foi refuxiarse ao reino bitinio.

Tras esta vitoria romana o Senado romano obrigou a Prusias a entregar a Frixia Helespóntica ao rei Eumenes II de Pérgamo.

Este evento provocou unha guerra entre Bitinia e Pérgamo (-186-183), que rematou coa retirada de Aníbal, comandante da frota bitinia, a pesar da súa gran campaña, e coa entrega acordada de Frixia Helespóntica por Prusias aos atálidas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]