Mitrídates VI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Busto de Mitrídates VI

Mitrídates VI (grego: Μιθριδάτης), (-132 - -63), chamado Eupator Dionysius, tamén coñecido como Mitrídates o Grande, rei do Ponto dende o -120 até a súa morte, en -63, en Asia Menor. Foi un dos inimigos máis formidábeis e exitosos de Roma, loitando consecutivamente contra tres dos máis grandes xenerais de finais da República: Sila, Lúculo e Pompeio.