Eugen Coşeriu
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos, etc, contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Eugen Coşeriu ou Eugenio Coseriu, nado en Mihăileni (na actualidade pertencente a Moldavia) o 27 de xullo de 1921 e finadoen Tübingen (Alemaña) o 7 de setembro de 2002, foi un lingüista alemán de orixe romanesa. A súa contribución á historia da lingüística e revisión e interpretación de moitos conceptos tradicionais foi fundamental. É autor dunha importante obra teórica que profundizou en moitos aspectos da linguaxe.
Doutor en filosofía e filoloxía, filólogo romanista. Calificado por Mircea Borcilă (Universitatea din Cluj) como:
Índice |
Traxectoria [editar]
De gran formación filosófica, histórica, lingüística e clasicista, en 1940 e xa iniciados os seus estudos universitarios, Coseriu trasladouse a Roma, onde os terminou; once anos despois e ata 1958 foi profesor na Universidade de Montevideo e, dende 1963 ata a súa morte, foino na de Tubinga (Alemaña). Na súa dilatada carreira publicou moitos estudos e artigos, algúns deles recompilados en obras como Teoría da linguaxe e lingüística xeral ou Tradición e novidade na ciencia da linguaxe. A súa obra é moi extensa e orixinal, aínda que nunca chegou a publicar un manifesto ou manual que sistematizase o seu pensamento e presentase a súa teoría lingüística como unha unidade; porén, si que se interesou pola sistematización do léxico e o ámbito da creatividade lingüística.
Coseriu figura tamén entre os filósofos que se aproximaron á linguaxe dende a lóxica, tratando de delimitar o que hai de particular, xeral e universal na mesma; ambición que empeza incluso con Aristóteles, pero que se materializa na lingüística contemporánea con Humboldt, Saussure e os lingüistas posteriores a eles.
Obra [editar]
- Sincronía, diacronía e historia (1958).
- Teoría da linguaxe e lingüística xeral (1962).
- Sprache, Strukturen und Funktionen (A fala, estruturas e funcións, 1970).
- Tradición e novidade na ciencia da linguaxe (1977).
- Principios de semántica estrutural (1977).
- Estudos de lingüística románica (1977).
- O home e a súa linguaxe (1977).
- Leccións de lingüística xeral (1977).
- Gramática, semántica, universais (1978).
- Introdución á lingüística (1980).
- Competencia lingüística (1992).
- Política, lingua e nación (publicado en 1995 xunto cos lingüistas españois Manuel Alvar e Fernando Lázaro Carreter).