Estufa Fría de Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estufa Fría de Lisboa.

A Estufa Fría é un xardín invernadoiro que se atopa no Parque Eduardo VII, entre a Alameda Engenheiro Edgar Cardoso e a Alameda Cardeal Cerejeira, en Lisboa.

O seu nome provén da súa orixe como unha zona de abrigo de plantas diversas sen usar, na zona fría, sistema de quecemento.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Consta de tres partes en preto de 1,5 hectáreas; a Estufa Fría propriamente dita, a Estufa Quente e a Estufa Doce. A área fría, a maior das tres con preto de 8 100 m², está cuberta cunha armazón de listóns de madeira que controla de xeito natural a temperatura e a luz no interior. Alberga especies como a azalea (Rhododendron spp.) ou a camelia (Camellia japonica), provenientes de diversos recunchos da Terra.

A zona da Estufa Quente ocupa preto de 3 000 m² e alberga especies tropicais como a cafeeira (Coffea sp.) ou a mangueira (Mangifera indica).

A Estufa Doce conta con especies pertencentes á familia dos cactos, e outras plantas suculentas, como o Áloe vera (Aloe vera).

Toda a Estufa está ornamentada con pequenos lagos e fervenzas e tamén estatuas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de outubro de 2008. Consultado o 10 de outubro de 2016.