Semivida (medicina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En medicina e farmacoloxía a semivida, hemivida, vida metade ou vida media de eliminación dun fármaco en sangue é o tempo que tarda en eliminarse o 50% da concentración plasmática acadada por unha dose dese fármaco. A semivida biolóxica é un parámetro farmacocinético moi importante, xeralmente denotada pola abreviación t1/2, e é fundamental para coñecer os intervalos de aplicación de dito fármaco.

Vida media en eliminacións de primeira orde[editar | editar a fonte]

Este proceso é, en xeral, un proceso logarítmico de primeira orde. Por exemplo; unha cantidade que é eliminada a unha proporción constante, do axente por unidade de tempo. Noutras palabras, desta forma, a diminución da concentración de dito axente tras unha administración única vén dada por:

  • Ct é a concentración despois dun tempo t
  • C0 é a concentración inicial (t=0)
  • k é a constante de eliminación

A relación entre a constante de eliminación e a vida media vén dada por:

A vida media vén determinada pola separación (CL, do inglés clearance) e o volume de distribución (VD), e ámbolos dous parámetros relaciónanse segundo a expresión:

Vida media en eliminacións de orde cero[editar | editar a fonte]

Nalgunhas circunstancias, a vida media varía coa concentración do medicamento ou droga. Por exemplo, o etanol pode ser inxerido nunha cantidade suficiente para saturar os encimas (basicamente alcol deshidroxenases) que o metabolizan no fígado, e por isto é eliminado do corpo a unha taxa constante (eliminación de orde cero). Deste modo, a vida media, baixo estas circunstancias, é proporcional á concentración inicial de droga ou medicamento A0, e inversamente proporcional á constante de eliminación de orde cero k0, onde:

Notas[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]

  • Half-life: The time it takes for a substance (drug, radioactive nuclide, or other) to lose half of its pharmacologic, physiologic, or radiologic activity. Year introduced: 1974(1971) NLM MeSH.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]