Estreito de La Pérouse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Estreito de La Pérouse.
Unha illa no Estreito de La Pérouse.

O Estreito de La Pérouse[Cómpre referencia] (en xaponés Estreito de Sōya 宗谷海峡) é un estreito que separa a parte sur da illa rusa de Sakhalin da parte norte da illa xaponesa de Hokkaido, unindo o Mar do Xapón a oeste, co Mar de Okhotsk a leste. Ten unha extensión de cerca de 40 km e unha profundidade entre os 20 e os 40 metros.

Este estreito foi bautizado co nome de Jean-François de La Pérouse, que explorou esta zona en 1787.