Estación de esquí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estacións de esquí no mundo por país
Estacións de esquí no Bariloche (Arxentina)

Unha estación de esquí é unha área preparada para o desfrute da neve. Dispón de pistas de esquí balizadas preparadas por máquinas especiais e clasificadas por cores (verdes, azuis, vermellas, negras) así como pistas de fondo, hoteis para o descanso dos usuarios, remontes para o transporte dos esquiadores a zonas altas e segundo cales diferentes servizos que poden ir desde zona para usar zorras até pistas de patinaxe.

Tipos de pistas[editar | editar a fonte]

  • Verde, pistas moi sinxelas, con pouca pendente (10-15%), xeralmente moi cortas (menos de 500 metros), resgardadas climatoloxicamente e en cotas baixas. Son as ideais para os debutantes na práctica dos deportes de neve. Os remontes nestas pistas son máis lentos e teñen menos forza que no resto de tipo de pistas, para non intimidar ao usuario.
  • Azul, pistas sinxelas e intermedias. Estas pistas, con maiores pendentes ca as verdes, supoñen o seguinte paso na práctica do esquí. Xa non son as pistas para aprender, por estas, pasan esquiadores ou snowboarders de todos os niveis, e os remontes para acceder a elas xa non son especiais para os que están a iniciarse.
  • Vermella, son pistas difíciles, pistas para esquiadores ou snowboarders de nivel medio-alto. Adoitan ser pistas cunha gran pendente, en ocasións superando o 40%.
  • Negra, pistas moi difíciles. Estas son pistas para esquiadores experimentados, a dificultade adoita provir da gran pendente sobre a que discorren (en ocasións máis do 50%), así como ter pasos moi estreitos nos que fai falla unha gran destreza á hora de realizar xiros xa que non hai moito espazo. Trátase das pistas balizadas máis bonitas, xa que acostuman estar en cotas altas e ao ter moi grandes desniveis e poucos practicantes pola dificultade, as vistas desde estas son espectaculares.
  • Itinerario, marcadas cunha cor alaranxada. Os itinerarios son rutas que propón a estación, pero que non están preparadas e ademais non adoitan estar balizadas, polo que só se recomenda facelas a afeccionados expertos e a ser posíbel en grupos, xa que os servizos da estación non cobren estas rutas, nas que a neve non está pisada polas máquinas nin esquiadores e o percorrido non está claramente definido, polo que só deberían realizarse se se coñece previamente. Son percorridos moi longos ou especialmente difíciles que a estación marca pero non toma responsabilidade.
  • Fóra pista, teñen as mesmas características que os itinerarios (entraña dificultades técnicas e perigos naturais, como a posibilidade de aludes), pero estas non están marcadas pola estación. Basicamente consisten no descenso dun esquiador moi experto polo monte, por onde el queira, sen seguir un camiño claro. O fóra pista é o contrario a unha pista de esquí, o esquiador baixa por un lugar non marcado por balizas nin pisado pola maquinaria e por onde non pasa habitualmente ninguén.
  • Fondo, itinerarios de varios quilómetros, especialmente preparados para os afeccionados ao esquí de fondo.

Tipos de remontes[editar | editar a fonte]

Vista típica

Servizos[editar | editar a fonte]

  • Restauración, desde cafeterías a distintas cotas até restaurantes e self-services.
  • Seguridade, adoitan dispoñer de motos de neve para trasladar rapidamente a lesionados, cuartos de primeiros auxilios etc.
  • Outros, teléfonos, megafonía, baños.
  • Aloxamento, albergues e hoteis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]