Esquemas comunicativos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A comunicación é o resultado da emisión dunha mensaxe codificada a un receptor que a interpreta. Os elementos participantes da comunicación comunmente aceptados son o emisor, receptor, mensaxe, código, canle, ruído, realidade referencial ou contexto. Así a todo, non é esta a única perspectiva para definirmos o acto de nos comunicarmos:

Esquema de Johnson[editar | editar a fonte]

Esquema comunicativo de Johnson
Esquema comunicativo de Johnson
  1. Acontece un evento.
  2. O evento estimula un individuo "A".
  3. Prodúcense sensacións preverbais. Os impulsos nerviosos diríxense ó cerebro de "A".
  4. "A" traduce as sensacións en palabras.
  5. "A" selecciona palabras e ordénaas segundo as normas.
  6. Por medio dunha canle "A" entra en relación con "B".
  7. B recibe estímulos físicos provocados pola emisión de "A".
  8. No cerebro de B xéranse sensacións preverbais.
  9. B traduce as sensacións en palabras.
  10. Decodifícase e interprétase a mensaxe.

Esquema de Laswell[editar | editar a fonte]

Esquema comunicativo de Laswell
Esquema comunicativo de Laswell
  1. ‘Quen’: O estudo deste elemento implica unha análise de control
  2. ‘Di o que’: Implica unha análise de contido.
  3. ‘En que canle’: Medios interpersoais ou de masa. Análise dos medios.
  4. ‘A quen’: Análise de audiencia.
  5. ‘Con que efectos’: Análise do impacto sobre a audiencia.

Esquema de Dobb[editar | editar a fonte]

Esquema comunicativo de Dobb
Esquema comunicativo de Dobb
  1. Emisor ou comunicador.
  2. Obxectivo de comunicación.
  3. Medios básicos de comunicación (por ex. palabras e xestos usados polo emisor)
  4. Medios de extensión (gravación en cita, medio impreso,...): Canle
  5. Coordenadas espazo-temporais: Contexto
  6. Restricións. Condicións en que se inhibe ou censura a transmisión da comunicación (tabús, costumes, preconceptos, prohibicións, eufemismos, disfemismos,...)
  7. Comunicación: A mensaxe.
  8. Estado de espírito: Sentimentos e disposición para a resposta por parte da audiencia.
  9. Percepción por parte da audiencia da mensaxe.
  10. Reaccións da audiencia.
  11. Cambios: Efectos da comunicación inmediatos ou a longo prazo.
  12. Indicios informativos da reacción da audiencia ó comunicador

Esquema de Shannon e Weaver[editar | editar a fonte]

Esquema comunicativo de Shannon e Weaver
Esquema comunicativo de Shannon e Weaver
  • Unha fonte de información selecciona unha mensaxe.
  • O emisor converte a mensaxe en sinal, de acordo cun código determinado.
  • Eses sinais son transmitidos ó destinatario mediante unha canle adecuada.
  • O receptor, descodifica os sinais recibidos para recuperar a mensaxe orixinal
  • Ruído: Todo o que interfire na transmisión e dificulta na recepción da mensaxe.