Canle (comunicación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio, etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.