Juan Almeida de Sousa e Saa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de setembro de 2014 ás 12:33 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "[[Ficheiro:Reconquista de Vigo 2008 - Cara á porta da Gamboa.jpg|miniatura|300px|Recreación. Os protagonistas da ''Reconquista'' de Vigo: o tenente Almeida (de uniforme [[verde]...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Recreación. Os protagonistas da Reconquista de Vigo: o tenente Almeida (de uniforme verde, seguido por unha bandeira co escudo portugués); o abade de Valadares; Vázquez Varela; Cachamuíña cunha bandeira galega; unha muller viguesa e o mariñeiro Carolo cun machado na man.

Juan Almeida de Sousa e Saa foi un tenente portugués que participou na Guerra da Independencia española.[1]

Traxectoria

Participou en 1809 na reconquista de Vigo. Traído por Joaquín Tenreiro Montenegro (que logo sería conde de Vigo) e co permiso do Marqués de la Romana, foi nomeado Xeneral Xefe, mandando máis de 40.000 soldados.

O concello de Vigo adicoulle o nome dunha das prazas máis antigas do casco vello,[2] antes chamada Praza Vella e Praza das Cebolas, entre a Rúa Real e a Rúa Méndez Núñez, onde está a Casa Torre de Ceta e Arines, sede do Instituto Camões.[3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas