Brian Boru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrian Boru

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ga) Brian Bóruma mac Cennétig Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento941 Editar o valor em Wikidata
Killaloe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1014 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Clontarf (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de São Patrício (Armagh) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Grande Rei da Irlanda (pt) Traducir
1002 – 1014
← Máel Sechnaill mac Domnaill (en) TraducirMáel Sechnaill mac Domnaill (en) Traducir →
Rei de Munster
978 – 1014
← Máel Muad mac Brain (en) TraducirDonnchad mac Briain (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Munster Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Período de tempoXeración do século X e xeración do século XI Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua irlandesa media Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa12 de marzo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGormflaith ingen Murchada
Echrad (?)
Mor (?)
Dub Choblaig (?)
FillosDonnchad mac Briain (pt) Traducir
 () Gormflaith ingen Murchada (pt) Traducir
Murchad mac Briain (pt) Traducir
 () Mor (?) (en) Traducir
Sláine ingen Briain
 ()
Tadc mac Briain (pt) Traducir
 () Echrad (?) (en) Traducir
Dearbforgail (?) (en) Traducir
 () NN (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCennétig mac Lorcáin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Bé Binn inion Urchadh Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Mac_Cennetig-10 Find a Grave: 5887388 Editar o valor em Wikidata

Brian Boru (irlandés antigo: Brian Bóruma mac Cennétig; irlandés medio: Brian Bóruma; irlandés: Brian Bóroimhe), nado no 941 e finado o 23 de abril de 1014, foi un rei irlandés que acabou co dominio dos Uí Néill como Gran Rei de Irlanda. Sobre a base dos logros do seu pai, Cennétig mac Lorcain, e especialmente do seu irmán máis vello, Mathgamain, Brian converteuse a si mesmo Rei de Munster, e posteriormente subxugou Leinster, converténdose eventualmente en Rei de toda Irlanda. É o fundador da dinastía O'Brien.

Brian Boru naceu preto de Killaloe (no moderno condado de Clare, na Irlanda) co nome Brian Mac Cennétig (Kennedy). Acabou por se tornar coñecido polos nomes anglicizados de Brian Boru ou Brian Boruma (ou sexa, "o dos tributos"), pois recollía tributos doutros gobernantes menores da Irlanda, e utilizábaos para reconstruír os mosteiros e as bibliotecas (que foran destruídos durante as invasións dos viquingos). Era fillo de Cennétig mac Lorcáin, rei de Thomond, e de Bé Binn ingen Aurchada, filla do rei de Connacht occidental.

Tornouse rei de Munster en 976, e ascendeu en 1002 ao cargo de Gran Rei de Irlanda (Árd Righ Gaidel Éirinn en gaélico irlandés, High King of All Ireland en inglés); nos rexistros eclesiásticos aparece aínda referenciado, para alén de Rei da Irlanda, como "Emperador dos Irlandeses" (Rex Hiberniæ et Imperator Scottorum).

Brian Boru

Brian Boru morreu no Venres Santo, de 1014 (23 de abril), durante a batalla de Clontarf contra os viquingos. Enterrouse en Ard Macha (no condado de Armagh). Sen o seu heroico líder, a Irlanda caeu no caos e na anarquía dinástica, e nunca máis volveu a ficar unida baixo o dominio dun irlandés. Porén, a súa fama continuou a ser tan grande que os seus descendentes, os O’Brien, convertéronse nunha das principais familias do país. No século XII publicaron Cogadh Gaedhil re Gallaibh (A guerra dos irlandeses cos estranxeiros), unha obra propagandística na que el é o protagonista e que o elevou á posición mitolóxica que ocupa.

Aínda hoxe o símbolo nacional da Irlanda, convertido en brasón de armas, é a Arpa de Brian Boru, conservada no Trinity College de Dublín, e que disque pertenceu en tempos ao soberano irlandés. É esta a arpa que figura no reverso das moedas irlandesas (tanto nas libras irlandesas como nos euros).