Brian Boru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brian Boru
Gran Rei de Irlanda
Brian Boru, King of Munster.jpg
Gravado do século XVIII de Brian Boru, Gran Rei de Irlanda.
Reinado 10021014
Nacemento c. 941
Kincora, Killaloe, rexión de Tuadmumu (Thomond), Irlanda
Falecemento 23 de abril de 1014
Predecesor Máel Sechnaill mac Domnaill
Sucesor Máel Sechnaill mac Domnaill (reinstaurado)
Descendencia Tadc mac Briain
Donnchad mac Briain
Murchad mac Briain
Domnall mac Briain
Conchobar mac Briain
Flann mac Briain
Pai Cennétig mac Lorcáin
Nai Bé Binn inion Urchadh

Brian Boru (irlandés antigo: Brian Bóruma mac Cennétig; irlandés medio: Brian Bóruma; irlandés: Brian Bóroimhe), nado no 941 e finado o 23 de abril de 1014, foi un rei irlandés que acabou co dominio dos Uí Néill como Gran Rei de Irlanda. Sobre a base dos logros do seu pai, Cennétig mac Lorcain, e especialmente do seu irmán maior, Mathgamain, Brian converteuse a si mesmo Rei de Munster, e posteriormente subxugou Leinster, converténdose eventualmente en Rei de toda Irlanda. É o fundador da dinastía O'Brien.

Brian Boru naceu preto de Killaloe (no moderno condado de Clare, na Irlanda) co nome Brian Mac Cennétig (Kennedy). Acabou por se tornar coñecido polos nomes anglicizados de Brian Boru ou Brian Boruma (ou sexa, "o dos tributos"), pois recollía tributos doutros gobernantes menores da Irlanda, e utilizábaos para reconstruír os mosteiros e as bibliotecas (que foran destruídos durante as invasións dos viquingos). Era fillo de Cennétig mac Lorcáin, rei de Thomond, e de Bé Binn ingen Aurchada, filla do rei de Connacht occidental.

Tornouse rei de Munster en 976, e ascendeu en 1002 ao cargo de Gran Rei de Irlanda (Árd Righ Gaidel Éirinn en gaélico irlandés, High King of All Ireland en inglés); nos rexistros eclesiásticos aparece aínda referenciado, para alén de Rei da Irlanda, como "Emperador dos Irlandeses" (Rex Hiberniæ et Imperator Scottorum).

Brian Boru

Brian Boru morreu no Venres Santo, de 1014 (23 de abril), durante a batalla de Clontarf contra os viquingos. Enterrouse en Ard Macha (no condado de Armagh). Sen o seu heroico líder, a Irlanda caeu no caos e na anarquía dinástica, e nunca máis volveu a ficar unida baixo o dominio dun irlandés. Porén, a súa fama continuou a ser tan grande que os seus descendentes, os O’Brien, convertéronse nunha das principais familias do país. No século XII publicaron Cogadh Gaedhil re Gallaibh (A guerra dos irlandeses cos estranxeiros), unha obra propagandística na que el é o protagonista e que o elevou á posición mitolóxica que ocupa.

Aínda hoxe o símbolo nacional da Irlanda, convertido en brasón de armas, é a Arpa de Brian Boru, conservada no Trinity College de Dublín, e que disque pertenceu en tempos ao soberano irlandés. É esta a arpa que figura no reverso das moedas irlandesas (tanto nas libras irlandesas como nos euros).