Ero da Armenteira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII O Salnés, España |
Morte | 30 de agosto de 1176 |
Abade | |
Ero da Armenteira foi un nobre galego do século XII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo a lenda, o nobre tivo unha noite un soño no que a Virxe lles dicía tanto a el como á súa muller que fundasen un mosteiro, para así teren descendencia espiritual, moito máis importante que a terreal (de feito non tiñan fillos). Así que Ero decidiu transformar un dos seus pazos no mosteiro de Santa María da Armenteira, converténdose no seu abade.
Durante a súa longa estancia no mosteiro o abade preguntábase decote como sería o paraíso, rogándolle encarecidamente á Virxe que lle deixase velo. Así pois, un día, paseando polas fragas próximas ó mosteiro, Ero quedou cativado polo cantar dun paxariño, sentando baixo unha árbore para contemplalo. Neste estado pasou trescentos anos, e ó regresar ó mosteiro preguntou polos monxes e ninguén soubo contestarlle; entendeu o ocorrido e faleceu nese instante ós pés dos novos monxes do mosteiro.
A lenda é común a diferentes lugares do resto de Galicia (como Samos), de España e de Europa, e foi recollida na Cantiga 103 das Cantigas de Santa María recompiladas polo rei Afonso X o Sabio[1]. Neste texto, o protagonista do sucedido non foi o abade senón un dos monxes do mosteiro que, ó regresar, se reincorpora ós seus compañeiros.
Existe outra lenda moi semellante referida a santo Amaro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Filgueira Valverde, X. (15/9/1925). "San Ero de Armenteira". Nós (21): 4–5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- San Ero e a súa historia
- Partitura da Cantiga 103
- Ex-libris Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. que Castelao fixo para Filgueira Valverde.