Ero da Armenteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEro da Armenteira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor em Wikidata
O Salnés Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 1176 Editar o valor em Wikidata
Abade
Editar o valor em Wikidata
Fachada da igrexa do mosteiro.

Ero da Armenteira foi un nobre galego do século XII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, o nobre tivo unha noite un soño no que a Virxe lles dicía tanto a el como á súa muller que fundasen un mosteiro, para así teren descendencia espiritual, moito máis importante que a terreal (de feito non tiñan fillos). Así que Ero decidiu transformar un dos seus pazos no mosteiro de Santa María da Armenteira, converténdose no seu abade.

Durante a súa longa estancia no mosteiro o abade preguntábase decote como sería o paraíso, rogándolle encarecidamente á Virxe que lle deixase velo. Así pois, un día, paseando polas fragas próximas ó mosteiro, Ero quedou cativado polo cantar dun paxariño, sentando baixo unha árbore para contemplalo. Neste estado pasou trescentos anos, e ó regresar ó mosteiro preguntou polos monxes e ninguén soubo contestarlle; entendeu o ocorrido e faleceu nese instante ós pés dos novos monxes do mosteiro.

A lenda é común a diferentes lugares do resto de Galicia (como Samos), de España e de Europa, e foi recollida na Cantiga 103 das Cantigas de Santa María recompiladas polo rei Afonso X o Sabio[1]. Neste texto, o protagonista do sucedido non foi o abade senón un dos monxes do mosteiro que, ó regresar, se reincorpora ós seus compañeiros.

Existe outra lenda moi semellante referida a santo Amaro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Filgueira Valverde, X. (15/9/1925). "San Ero de Armenteira". Nós (21): 4–5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]