Ergativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ergativo, nas linguas con sistema ergativo, é o caso utilizado para indicar o suxeito dun verbo transitivo. Oponse ao caso absolutivo (xeralmente non marcado), que serve á vez de Complemento Directo dun verbo transitivo e de suxeito dun verbo intransitivo.

Nas linguas flexivas que non empregan tal sistema, o suxeito dun verbo, independentemente da súa transitividade, está en nominativo e o seu Complemento Directo en acusativo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]