Inesivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En gramática, inesivo é o nome dun caso no que vai unha palabra cando se quere indicar o lugar en cuxo interior se realiza a acción o proceso do verbo. En galego correspóndese coa preposición "en" ou con "dentro de".

Por exemplo, en turco evlerimde significa "dentro das miñas casas", de ev, "casa". En finlandés, "na casa" é talo·ssa, maja·s en estonio, etxea·n en éuscaro e "ház·ban" en húngaro.

Linguas aglutinantes[editar | editar a fonte]

Nas linguas aglutinantes, este caso exprímese habitualmente mediante un afixo:

  • sufixo -ssa en finlandés: talo "maison" → talossa "na casa"
  • sufixo -s en estonio: maja "casa" → majas "na casa"
  • sufixo -ban/-ben en húngaro: a ház "a casa" → a házban "na casa"
  • sufixo -ni/-de en xaponés: ie "casa" → iede/ieni "na casa"

Linguas flexivas[editar | editar a fonte]

Nas linguas flexivas, o caso exprésase normalmente mediante unha preposición, ou tameń mediante flexión:

  • preposición à en francés: la maison, "a casa" → à la maison "na casa" (en galego, a preposición é en).
  • preposición in e flexión do dativo en alemán: das Haus "a casa" → in dem Haus(e) ou im Haus(e)

En certas linguas indo-europeas, a utilización dunha flexión permite opor o inesivo e o ilativo, que fan uso normalmente da mesma preposición:

  • en latín
    • ilativo: in cubiculum eo "vou ao cuarto" (flexión: acusativo)
    • inesivo in cubiculo sum "estou no cuarto" (flexión: ablativo)
  • en alemán:
    • ilativo: ich gehe in den Wagen "entro no coche" (flexión: acusativo)
    • inesivo : ich bin in dem Wagen "estou no coche" (flexión: dativo)

Noutras linguas desta familia, entre elas o galego, esta oposición ven dada unicamente polo contexto ou polo cotexto (por exemplo, pola utilización un verbo de movimento ou estático).

Caso gramatical das linguas aglutinantes e flexivas (por orde alfabética)
ablativo, acusativo, comitativo, dativo, ergativo (ergatividade), inesivo, nominativo, vocativo, xenitivo; véxase tamén: temporal