Ensalada César

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ensalada césar

Tipo Ensalada
Orixe Tijuana, México
Ingredientes
Orixe animal Parmesano
Anchoa
Orixe vexetal Pan
Limón
Leituga romana
Allo
Aceite de oliva

A ensalada César é unha ensalada de leituga romana, anacos de pan torrado adubados (chamados croutons en francés, ou ben picatostes en castelán). O inventor desta ensalada foi o cociñeiro César Cardini, no restaurante homónimo, do que recibe o nome a ensalada.[1][2] É moi popular no mundo enteiro e é posíbel atopala tanto en restaurantes como en supermercados en formato de bolsa.

Historia[editar | editar a fonte]

Ensalada César servida nun restaurante.

Existen moitas versións respecto da orixe da ensalada. A máis coñecida e comunmente aceptada,[1] é que a ensalada foi creada por un chef italiano radicado en México chamado Alex Cardini e xunto co seu irmán propietario dun restaurante en Tijuana denominado "Cesar's Place".[2] Alex Cardini, cuxo apelido está relacionado coa gastronomía en 1924 do famoso Hotel Peñafiel de Tehuacán, Puebla (México) viaxou a Tijuana a un concurso gastronómico onde a súa ensalada resultou premiada.[2] O ingrediente secreto da ensalada, era o adubo, que logo se fixo popular en diversos sitios de California.

Outra versión di que foi creada nunha das cidades de Tijuana ou Ensenada (México) polo mesmo cociñeiro, César Cardini, a finais da década de 1930.[1] Non se sabe se foi exactamente en cal das dúas cidades. Esta versión narra como uns pilotos norteamericanos pediron no hotel unha simple ensalada e á falla de tomates ou outros ingredientes típicos, o Chef Cardini seguiu unha vella receita familiar que a súa nai facía no sur de Italia en tempos difíciles: leituga romana, ovos, anaquiños de pan frixidos en aceite, queixo seco, vinagre, azucre, aceite de oliva, unhas pingas de salsa inglesa, salsa a base de anchoas e zume de limón. A ensalada foi todo un éxito e foi bautizada inicialmente coma "ensalada dos aviadores" ( "Aviator's Salad").

Co tempo, xa en 1948, César Cardini rexistrouna nos Ánxeles como propia e internacionalizouna.[2] O que patentou foi en realidade o mollo da ensalada que a denominou "Cardini's Original Caesar Dressing Mix".[3] Ao final foi comercializada por unha compañía baixo o seu nome que se denominaba "Cardini Foods" en Culver (California).

Características[editar | editar a fonte]

Ensalada César con polo á prancha.

A receita inicial é de moi simple execución, contén só leituga romana, allo, croûtons (anacos de pan torrados) e un adubo simple a base de aceite de oliva, queixo parmesano relado, anchoas e limón.

O propio Cesar Cardini, que murreu en 1956, loitou por evitar a inclusión en salga na ensalada que leva o seu nome.[3] Algunhas testemuñas de persoas que asistiron ao local de "Caesar's Place" nos anos 20 mencionan que as follas de leituga servíanse enteiras para seren empregadas coma cubertaría coméndose cgos dedos.[4]

Co tempo a receita foi modificada para a degustar con anacos de carne de polo (xeralmente asada), ovo duro, lardo frixido e crocante, queixo parmesano relado (nalgúns restaurantes mexicanos emprégase queixo Cotija no seu lugar), gambas e outros moitos ingredientes.

A receita orixinal non se prepara con anchoas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Danny Palmerlee, (2009), Baja California & Los Cabos,Lonely Planet, pag 77
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lou Sackett,Wayne Gisslen,Jaclyn Pestka, (2004), Professional Garde Manger: A Comprehensive Guide to Cold Food Preparation, Willey, páx. 74
  3. 3,0 3,1 John F. Mariani,Galina Mariani,Laura Tedeschi, (2000), The Italian-American cookbook: a feast of food from a great American cooking, Harward Common Press, pag. 119
  4. Julia Child, (1999), From Julia Child's Kitchen, Gramercy, ISBN 0-517-20712-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Receita de ensalada César (en castelán) Arquivado 17 de maio de 2014 en Wayback Machine.