Enerxía azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
W1: auga de río; W2: auga de mar; M: membrana; O: proceso osmótico; P: presión obtida.

A enerxía azul ou osmótica consiste na enerxía eléctrica obtida a partir do encontro entre auga mariña e auga doce, isto é, grazas ó gradiente de concentración de sal entre a auga do mar e a auga doce.

Índice

[editar] Obtención da enerxía azul

Cando se coloca unha membrana semipermeable (que retén os ións de sal pero permite o paso de auga) entre dous tanques que conteñen auga doce e auga salgada, observarase un fluxo neto de auga dende o tanque de auga doce ó de auga salgada. Se o tanque de auga salgada ten un volume fixo, a presión incrementaríase ata un máximo teórico de 26 bares, equivalente a unha columna de auga duns 270 metros de altura.

Este aumento de presión pode ser usado para xerar enerxía. Isto ocorre se a mestura pode facerse controlando a presión no lado da auga salgada. O proceso denomínase presión osmótica retrasada ou PRO e, nun proceso tecnicamente viable, aproximadamente a metade da enerxía teórica pode ser transformada en enerxía eléctrica, facendo da enerxía azul unha nova fonte de enerxía renovable.

[editar] O proceso "PRO"

Presión osmótica retrasada (PRO), é o proceso polo cal a mestura da auga doce coa auga salgada se leva a cabo controlando a presión do tanque da auga salgada.

A auga doce é introducida na planta, onde entra nas membranas. Nos módulos de membranas, a auga doce é transferida por ósmose a través das membranas dentro da auga de mar que se atopa a presión. O proceso osmótico incrementa o fluxo de auga a alta presión, esta é a principal transferencia de enerxía da planta.

A auga de mar é bombeada dende o mar e introducida nas membranas, onde se dilúe coa auga doce que entra a través das membranas.


[editar] Planta osmótica

Comportamento dunha membrana semipermeable nun tratamento de hemodiálise, onde o sangue corresponde coa cor vermella, o fluído de diálise co azul e a membrana co amarelo.

Unha planta osmótica utiliza auga procedente dun río e auga salgada do mar. Ambas masas están separadas por unha membrana semipermeable, baseada nun composto de polietileno modificado electricamente. As moléculas de sal da auga de mar fan que a auga doce pase a través da membrana. Este feito incrementa a presión da auga de mar, que se utiliza para mover unha turbina xeneradora de electricidade. As plantas de enerxía azul son moi eficientes comparadas con outras fontes de enerxía renovable.

[editar] Localización das plantas

O feito de que algunhas desembocaduras estean situadas preto de cidades e zonas industriais permite que a produción de enerxía azul obtida sexa consumida no mesmo lugar onde se xera. Isto posibilita que a maioría do potencial da enerxía azul poida ser aproveitado en zonas urbanas. As plantas de enerxía azul poden ser construídas parcial o completamente baixo terra, o que fai que o impacto visual sobre o entorno sexa mínimo. O proceso de xestión da auga asociado coa operación da planta pode ser deseñado para que non afecte ós biotipos de todo o río.

[editar] A enerxía azul e o medio ambiente

A enerxía azul é unha fonte de enerxía limpa, sen emisións de CO2. O proceso de mesturar auga doce con auga salgada é un proceso natural que se dá en todo o mundo. As plantas de enerxía azul están deseñadas para extraer a enerxía deste proceso sen interferir na calidade do entorno do lugar.

[editar] O río e a súa desembocadura

Moitos ríos desembocan no océano nunha cidade ou comunidade industrial. Isto supón que a maioría do potencial da enerxía azul pode ser utilizado sen necesidade de transportar a enerxía á zona industrializada que a consome.

Os posibles impactos negativos sobre o entorno poden ser probablemente compensados por unha combinación dos requisitos de fluxo do río ou caudal ecolóxico e a planta de enerxía azul. Cómpre realizar un estudio medioambiental sobre o impacto da entrada e saída de auga salgada sobre o entorno.

[editar] Xestión da auga

A xestión da auga asociada ó funcionamento da planta pode ser deseñada de forma que os biotipos do río, estuario e océano sexan mantidos nun estado saudable. Nalgúns casos, en áreas moi industrializadas, é posible que a planta de enerxía azul poida incluso mellorar a condiciones medioambientais.

[editar] Datos

Vista aérea de fiordes na costa leste de Grenlandia.

Como dato, calcúlase que Noruega podería xerar, grazas ós seus abundantes ríos, o 10% da súa produción enerxética total mediante este sistema.

O choque de auga doce dun río ó desembocar na auga salgada do mar é unha enorme fonte de enerxía azul ou enerxía osmótica que explora a empresa Statkraft [www.starkraft.com] dende 1993.

A firma norueguesa iniciou xa a construción dunha planta piloto nas instalacións de Södra Cell Tofte, un fabricante de papel da cidade de Hurum, nun fiorde a só 60 quilómetros de Oslo que estaría operativa a principios deste ano.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas