Eneko Andueza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEneko Andueza

(2024) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Eibar, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
3 de agosto de 2020 –

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento do País Vasco
21 de outubro de 2016 – 11 de febreiro de 2020

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco - ciencia política Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , politicólogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1996–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: enekoandueza Instagram: enekoanduezapse LinkedIn: eneko-andueza-1b793270 Editar o valor em Wikidata

Eneko Andueza Lorenzo, nado en Éibar, Guipúscoa o 11 de xuño de 1979, é un político vasco, secretario xeral do PSE-EE dende 2021 e candidato a lehendakari por devandita formación nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2024.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eneko Andueza naceu en Éibar o 11 de xuño de 1979, onde cursou bacharelato no Colexio La Salle. É licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade do País Vasco.

Comezou a súa traxectoria política aos 17 anos ao afiliarse ao Partido Socialista de Euskadi e ás Mocidades Socialistas de Euskadi. Foi, circunstancialmente, concelleiro no concello de Ordizia, cubrindo a vacante de varios compañeiros locais que, froito da presión da violencia de ETA, non quixeron exercer o seu cargo; asesor do Delegado do Goberno en Euskadi, xefe de Gabinete de Iñaki Arriola, e tenente alcalde no concello de Éibar, onde ocupou tamén a secretaría xeral da agrupación socialista local.

Posteriormente foi voceiro do Grupo Juntero Socialista nas Xuntas Xerais de Guipúscoa, e dende 2016 é membro do Parlamento Vasco. En agosto de 2020 foi elixido voceiro do grupo parlamentario socialista do Parlamento Vasco para a XII lexislatura, sucedendo a José Antonio Pastor.

En decembro de 2020 publicou o libro Los toros, desde la izquierda,[2] co que «pretende eliminar complexos e pór argumentos na defensa da nosa afección dende unha visión progresista».[3]

Foi secretario xeral do PSE-EE de Gipúscoa (2017-2021), cargo ao que accedeu tras ser secretario xeral da Agrupación Socialista de Éibar (2009-2017). Ademais, é membro da Comisión Executiva do PSE-EE de Euskadi e membro do Comité Federal do PSOE.

Trala decisión de Idoia Mendia de non presentarse á reelección como Secretaria Xeral do PSE-EE, celebrouse un proceso de primarias, no que Eneko Andueza recibiu un 95,30 % dos votos da militancia socialista..[4] Foi ratificado como secretario xeral no marco do 9º Congreso dos Socialistas Vascos,[5] celebrado en Bilbao en novembro de 2021.

Foi candidato a lehendakari do Goberno Vasco para as eleccións ao Parlamento Vasco de 2024 polo PSE-EE.[6]

Libros publicados[editar | editar a fonte]

  • Dolores Aguirre, Palabra de Ganadera (Editorial Servisistem , 2014)
  • José Cruz, el sueño de Joselillo (Editorial Servisistem, 2016)
  • Los toros desde la izquierda (Editorial Servisistem, 2020)
  • Jóvenes sin juventud (Fundación Ramón Rubial, 2021)

Notas[editar | editar a fonte]