Emilio González Afonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio González Afonso
Biografía
Nacemento25 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Emilio González Afonso, nado en Verín o 25 de abril de 1954, é un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Integrado en Coalición Galega, foi candidato ás autonómicas de 1985, pero non saíu elixido, aínda que finalmente foi parlamentario autonómico dende setembro de 1986 en substitución de Senén Bernárdez Álvarez. Foi candidato á alcaldía de Verín nas eleccións municipais de 1987 pola CPG, logrando 1 concelleiro. Nas municipais de 1991 foi elixido novamente concelleiro, nesta ocasión polo PPdeG. Pouco tempo despois, o grupo municipal abandonou o partido, e o 17 de outubro de 1991 foi elixido alcalde de Verín mediante unha moción de censura co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE[1] Nas municipais de 1995 encabezou a Plataforma de Independentes de España e logrou 4 concelleiros, perdendo a alcaldía en favor do PPdeG tras lograla maioría absoluta.

En marzo de 1997 integrouse no PSdeG-PSOE[2] e encabezou a candidatura socialista nas municipais de 1999 e 2003, sen lograr recuperala alcaldía. Foi deputado provincial entre 1999 e [[2003]. En abril de 2004, e tras haber perdido o ano anterior o PPdeG a maioría absoluta, foi elixido alcalde mediante unha moción de censura co apoio de Verinenses Independente e o BNG, pasando encabezar un gpberno tripartito. Tras un final de mandato un tanto convulso, abandoando o BNG o goberno en xuño de 2006[3], nas municipais de 2007 perdeu a alcaldía tras recuperalo PPdeG a maioría absoluta. Continuou como portavoz do grupo socialista na oposición, concorrendo de novo como candidato do PSdeG nas municipais de 2011, quedando novamente na oposición tras revalidar o PPdeG a maioría absoluta. Permaneceu como portavoz e concelleiro ata o final do mandato en 2015.

En xullo de 2018, trala chegada de Pedro Sánchez ao goberno de España, foi nomeado subdelegado do goberno na provincia de Ourense.


Predecesor:
Santiago Cid Harguindey
 
Alcalde de Verín
 
1991 - 1995
Sucesor:
Xoán Manuel Jiménez Morán
Predecesor:
Xoán Manuel Jiménez Morán
 
Alcalde de Verín
 
2004 - 2007
Sucesor:
Xoán Manuel Jiménez Morán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 18-10-1991, p. 31.
  2. La Voz de Galicia, ed. Ourense, 02-03-1997, p. 54.
  3. El Bloque confirma la ruptura del gobierno tripartito de Verín

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]