Xoán Manuel Jiménez Morán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Manuel Jiménez Morán
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Verín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Manuel Jiménez Morán, nado en Verín o 22 de setembro de 1956, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado universitario en enfermería (ATS) e estudou menciña ata 4º curso na Universidade de Santiago de Compostela.

Nas eleccións municipais de 1983 concorreu como independente na listas de Coalición Galega en Verín e resultou escollido concelleiro, pasando a ostentar responsabilidades de goberno co alcalde Santiago Cid Harguindey. Volveu a ser elixido concelleiro nas municipais de 1987 e de 1991 baixo as siglas de AP-Centristas de Galicia e Converxencia Centrista-CDS, respectivamente, e baixo o liderado de Cid Harguindey que revalidou novamente a alcaldía. Porén, o 17 de outubro de 1991 perderon o goberno tras unha moción de censura. En decembro de 1991 pasou a formar parte xunto co seu grupo do PPdeG, trala integración de Centristas de Galicia en dita formación.

Nas municipais de 1995 foi candidato do PPdeG á alcaldía de Verín e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 revalidou a alcaldía, novamente con maioría absoluta e en 2003 por maioría simple. En abril de 2004 unha moción de censura do PSdeG-PSOE, o BNG e os independentes do anterior alcalde Santiago Cid Harguindey desaloxouno da alcaldía. Nas municipais de 2007 recuperou a alcaldía tras lograr a maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser novamente elixido tras revalidala maioría absoluta.

Nas municipais de 2015 non logrou a maioría absoluta, polo perdeu a alcaldía tras un pacto entre o PSdeG-PSOE e o BNG que fixo alcalde ó candidato socialista Gerardo Seoane Fidalgo. Nas municipais de 2019 pasou a ser a terceira forza por detrás do PSdeG e o BNG, polo que permaneceu como portavoz na oposición ata o final do mandato.

Dende 1994 ata 2011 foi membro do consello de administración da CRTVG.

Jiménez Morán foi o aliado e man dereita de Alberto Núñez Feijóo[1] nos conflitos internos do PPdeG na provincia de Ourense e chegou a disputarlle o liderado provincial do partido a Xosé Manuel Baltar en xaneiro de 2010[2], o fillo de Xosé Luís Baltar.

En novembro de 2011, logo das Eleccións Xerais, foi designado polo Parlamento de Galicia como un dos senadores en representación da comunidade autónoma. Volveu ser designado tralas xerais de 2015[3] e 2016.


Predecesor:
Emilio González Afonso
 
Alcalde de Verín
 
1995 - 2004
Sucesor:
Emilio González Afonso
Predecesor:
Emilio González Afonso
 
Alcalde de Verín
 
2007 - 2015
Sucesor:
Gerardo Seoane Fidalgo

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten un fillo e unha filla.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]