Emilio Aguinaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio Aguinaldo

Emilio Aguinaldo y Famy, nado en Kawit en 1869 e finado en Quezón en 1964, foi un militar e político filipino. En Filipinas considérase o primeiro presidente do país, aínda que non foi recoñecido internacionalmente. Procedente dunha familia mestiza chinesa e tagala. Rival de Andrés Bonifacio dentro do movemento independentista, impúxose a este mediante unhas eleccións[1], foi Comandante das forzas que se sublevaron contra España (1896-1898), e líder da insurrección contra dos Estados Unidos (1899-1901), o 12 de xuño de 1899 declarou a independencia das Filipinas e unha convención constitucional elixiuno presidente o 1 de xaneiro de 1899. Capturado polo xeneral Frederick Funston o 23 de marzo de 1901, xurou lealdade aos Estados Unidos e retirouse da política.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nicholas Tarling The Cambridge History of Southeast Asia, Volume 2, Cambridge University Press, 2ª ed., 1999, páxina 256