Ellen Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEllen Ochoa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford
Universidade Estatal de San Diego
Grossmont High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSandia National Laboratories (pt) Traducir
Centro Espacial Lyndon Johnson (pt) Traducir
NASA Ames Research Center (pt) Traducir
National Science Board (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Tempo no espazo42 días e 8 horas Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Premios

Twitter: Astro_Ellen Editar o valor em Wikidata

Ellen Ochoa, nada nos Ánxeles (California) o 10 de maio de 1958, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-56, STS-66, STS-110 e STS-96.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ellen Ochoa, de ascendencia mexicana, graduouse en física pola Universidade do Estado de San Diego en 1980. Posúe un máster e un doutoramento en enxeñaría eléctrica pola Universidade Stanford en 1981 e 1985 respectivamente e foi investigadora do Centro de Investigación Ames da NASA.[1][2]

Posteriormente, investigou os sistemas ópticos para procesar información, sendo a coinventora de tres patentes sobre sistemas ópticos, un deles de recoñecemento de obxectos e outro para retirar o ruído de imaxes. Como xefa do Intelligent Systems Technology Branch, supervisou a 35 enxeñeiros e científicos na investigación e o desenvolvemento dos sistemas de cómputo para as misións aeroespaciais.[3]​ Así mesmo, Ochoa impartiu diversas conferencias técnicas e publicou en diarios científicos.

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, participando nas misións STS-56, STS-66, STS-110 e STS-96 e pasando un total de 40,82 días no espazo.[1][2]

En xaneiro de 2013 Ellen Ochoa foi nomeada directora do Centro Espacial Lyndon B. Johnson, sendo a segunda muller que se desempeña nese cargo e a primeira de orixe hispana.[4]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ellen é a primeira muller de orixe hispana que viaxou ao espazo e que figura no Salón da Fama dos Astronautas nos Estados Unidos.[5] En 1997, foi galardoada coa Medalla ao Servizo Excepcional da NASA.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Ochoa, Ellen Lauri" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (29 de maio de 2018). "NASA Astronaut Dr. Ellen Ochoa" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  3. Chauvin, Silvia (2000-09-19). "Ellen Ochoa, la Primera Hispana en Llegar al Espacio". Mujeres de Empresa (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  4. "Women’s History Month Shout Out: Dr. Ellen Ochoa – Women@NASA". blogs.nasa.gov (en inglés). Consultado o 2021-04-24. 
  5. 5,0 5,1 admin (2018-10-13). "Biografía de Ellen Ochoa astronauta mexicana". Mujeres Notables (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
  • Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]