Elbasan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elbasan é unha cidade do centro de Albania, xunto ó río Shkumbin a 33 quilómetros ó sueste de Tirana, é a capital do distrito e do condado homónimos, cunha poboación de arredor de 100.000 habitantes é a terceira cidade do país, o concello esténdese por unha superficie de 1290 km².
Historia [editar]
No lugar onde se alza Elbasan os romanos construíron unha fortaleza que se acabou por converter nun importante centro comercial ata que as invasións eslavas do século VI deixaron a cidade abandonada. No século XV os otománs construíron unha fortificación militar no mesmo lugar, converténdose nun importante centro otomano en Albania, a fins do século XVII habitaban na cidade unhas dúas mil persoas.