El Cruzado (Mondoñedo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Cruzado
LocalidadeMondoñedo
Na rede
Galiciana: 3845
editar datos en Wikidata ]

El Cruzado foi un periódico editado en Mondoñedo entre 1912 e 1917.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario tradicionalista, apareceu o 6 de abril de 1912. Con censura eclesiástica, nun principio saía os sábados, a partir do 5 de agosto de 1914 transformouse en Bisemanario tradicionalista e apareceu dúas veces por semana, mércores e sábados. O seu director era José Polo Folgueira, quen só figuraba como director legal, pois o periódico estaba inspirado polo seu propietario Enrique Costas Márquez cun claro matiz tradicionalista. O redactor era o seu irmán Carolino Costas Márquez. Editouse na imprenta de Mancebo e despois nunha propia, aparecendo como director o dono. Contou coas colaboracións de Antonio Noriega Varela e Manuel Amor Meilán. En galego publicou algúns poemas satíricos asinados co pseudónimo de Cástulo e unha escolma de cantigas recollidas por Noriega Varela, prologada por Basilio Álvarez. Cesou a súa publicación o 30 de maio de 1917.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]